Galicia
Publícase unha edición especial de "De catro a catro" no aniversario do nacemento de Manuel Antonio
O diario Sermos Galiza publica unha versión en formato epub do poemario de Manuel Antonio De catro a catro para celebrar os 115 anos do seu nacemento.
Fonte: Sermos Galiza
Román Rodríguez visita o alumnado que participa nas estadías de inmersión lingüística no centro educativo dos Peares
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou no complexo educativo dos Peares os alumnos e alumnas que participan no programa de estadías de inmersión lingüística en lingua inglesa promovidos polo Goberno galego e que se enmarcan dentro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación lembra a Ramón de Valenzuela
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recordou o emblemático escritor silledense Ramón de Valenzuela, con motivo do acto inaugural da XII Forxa Literaria, organizada pola Fundación Paco Lareo "A Solaina" de Piloño.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación convoca 8 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan 8 bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O texto completo da convocatoria está dispoñible en www.lingua.gal.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación convoca 8 bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se convocan 8 bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O texto completo da convocatoria está dispoñible en www.lingua.gal.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García presenta en Vedra a nova xira dos Bolechas, por concellos da Rede de Dinamización Lingüística
O Miradoiro do Gundián na Ponte Ulla acolleu a presentación da nova xira dos Bolechas por concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, no marco da actividade “Os Bolechas na máquina do tempo” do “FalaRedes 2015”. A familia animada máis coñecida de Galicia chegará desde esta fin de semana ata outubro a outros 36 concellos ata completar o seu percorrido por 40 localidades da RDL.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha serie galega en lingua de signos acada éxito internacional
Unha serie da Estrada, Mírame cuando te hablo, adaptada á lingua de signos, acadou gran éxito internacional ao recibir un premio no Festival Internacional de Cine en Lingua de Signos de Toronto.
Fonte: Praza Pública
Un informe do Consello da Cultura Galega mostra un incremento da edición de libros en galego
O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega (CGC) publicou o informe O libro e a edición en Galicia que destaca un incremento do 23 % na edición de libro en galego en 2014. O dato negativo é a caída da tradución do galego e para o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García clausura en Boqueixón a mostra "Xosé Filgueira Valverde, un faro na construción de Galicia"
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou na Casa do Concello de Boqueixón a mostra coa que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra lle renden tributo ás Letras Galegas 2015, “Xosé Filgueira Valverde, un faro na construción de Galicia”.
Fonte: Xunta de Galicia
Román Rodríguez avoga polo consenso para manter viva a lingua galega e abrila a novos espazos de uso
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, loou a figura de Rosalía de Castro e o seu firme compromiso coa lingua galega, no acto para conmemorar o 130 aniversario do seu pasamento. Román Rodríguez salientou que Galicia, e os galegos lle debemos a Rosalía o uso da lingua galega como vehículo de comunicación e “ser partícipes da importancia de ter e usar unha lingua de nós”.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín