Galicia

Cultura e Educación e a Fundación Repsol renovan a súa colaboración a través da convocatoria do IX Premio Narrativa Breve Repsol

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Repsol veñen de renovar a súa colaboración en prol do impulso da creación literaria en galego a través da convocatoria do IX Premio Narrativa Breve Repsol.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha librería viguesa acolle unha sesión de contacontos en lingua de signos para nenos e nenas con discapacidade auditiva

O grupo de investigación Griles da Universidade de Vigo participou nesta sesión titulada “Contos signados, contos coas mans” que se celebrou na librería Libros para soñar.

Fonte: Universidade de Vigo

Os secretarios xerais de Cultura e de Política lingüística visitan en Melide unha mostra sobre Xosé Filgueira Valverde

Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, visitaron a mostra ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), un faro na construción de Galicia’.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación convoca cinco prazas en lectorados de galego de España, Reino Unido, Francia e Brasil

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de cinco prazas docentes en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en España (Universidade do País Vasco), Reino Unido (universidades de Oxford e de Birmingham), Francia (Universidade da Sorbona Nova-París III) e Brasil (Universidade Federal de Bahía).

Fonte: Xunta de Galicia

Román Rodríguez eloxia o labor a prol da lingua galega de Ángel Carracedo, Consuelo Castro e Ricardo Gurriarán

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, eloxiou o labor a prol da lingua galega do catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e insigne investigador Ángel Carracedo; da xefa territorial da Avogacía do Estado en Galicia, Consuelo Castro; e do historiador, escritor e director da área de historia da Fundación 10 de Marzo, Ricardo Gurriarán.

Fonte: Xunta de Galicia

A Real Academia Galega convoca o pleno que decidirá a figura que se vai homenaxear nas Letras Galegas 2016

O pleno da Real Academia Galega reunirase o día 4 de xullo e decidirá entre estes candidatos a figura que protagonizará as Letras Galegas o vindeiro ano: Xela Arias Castaño, Ricardo Carballo Calero e Manuel María Fernández Teixeiro.

Fonte: Real Academia Galega

"Estamos no verán!!!" chega a Miño no marco do "FalaRedes 2015" de Cultura e Educación

O concello de Miño recibe "Estamos no verán!!!", a proposta musical de Xoán Curiel e a banda Son+d2 que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria está levando a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para reforzar e ampliar a oferta de lecer en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística esixe nas Nacións Unidas o cese da discriminación do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a situación do galego no Exame Periódico Universal do Consello de Dereitos Humanos en Xenebra.

Fonte: Culturagalega

A VIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na VIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, en Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

O novo alcalde de Ferrol debaterá as propostas de acción a favor do galego da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse co novo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, para lle trasladar propostas de acción a prol da lingua galega.

Fonte: A Mesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder