Galicia

Danse a coñecer os gañadores do Premio Plácido Castro de Tradución en lingua galega

Os galardoados son a tradutora xaponesa Mona Imai, pola tradución ao galego da obra Botchan, do escritor nipón Natsume Soseki; e o galego Alejandro Tobar, pola tradución de O forasteiro misterioso, última novela do escritor estadounidense Mark Twain.

Fonte: El Correo Gallego

Valentín García participa na entrega dos premios Frei Martín Sarmiento que convocan Ferega-Ceca e Cultura e Educación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á entrega dos Premios Frei Martín Sarmiento e Premios REC-curta, que convocan a Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca) e mais a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa se poden consultar en liña as actas das XI Xornadas de Lingua e Usos

As actas destas xornadas, que se celebraron en novembro de 2014, están dispoñibles na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia incorpora ao Bacharelato a impartición de materias en linguas estranxeiras

As materias en linguas estranxeiras poderán abranguer, igual que acontece no ensino obrigatorio, ata un terzo do horario lectivo do centro.

Fonte: Galicia Hoxe

‘Xosé Filgueira Valverde, un faro na construción de Galicia’ chega a Foz acompañada das primeiras xincanas escolares

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (centro Cenima) a mostra coa que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra lle renden tributo ao autor homenaxeado polas Letras Galegas 2015, “Xosé Filgueira Valverde, un faro na construción de Galicia”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago organiza actividades de formación lingüística para o persoal docente e investigador e o alumnado

O alumnado e mais o persoal docente e investigador (PDI) da Universidade de Santiago de Compostela son os destinatarios das actividades formativas postas en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística desta institución.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela acollerá en outubro un congreso da Rede de Lexicografía

Entre os días 5 e 7 de outubro celebrarase na capital de Galicia o II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX), dedicado este ano á terminoloxía.

Fonte: RELEX

O secretario xeral de Política Lingüística presenta ‘Estamos no verán!!!’, unha nova actividade de dinamización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa a segunda proposta do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase o proxecto Dicionario dos apelidos galegos

O Dicionario dos apelidos, que se articula arredor de 6000 entradas, inclúe a información etimolóxica, xeográfica e histórica máis relevante sobre cada apelido.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta colaborará coas universidades de Estremadura, Federal da Bahia e Sorbona para difundir a lingua e a cultura galegas

A renovación da colaboración con estas tres institucións universitarias servirá para ensinar, impulsar e difundir a lingua e a cultura galegas no exterior.

Fonte: El Economista

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder