Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca o concurso "Que se vexa! o galego"

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca este concurso para contribuír a visibilizar o galego e reivindicar o seu emprego en todos os ámbitos.

Fonte: CTNL

Román Rodríguez entrégalle ao CEP Salustiano Rey Eiras o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2015

Nun ambiente distendido, o titular de Cultura e Educación da Xunta de Galicia animou os nenos e nenas a falar en galego, porque "mentres vós faledes galego, o galego vai existir sempre", sinalou.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación promove a aprendizaxe en galego a través dunha nova subvención a materiais didácticos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Fonte: Xunta de Galicia

Inícianse as emisións de Irmandade TV, un proxecto de televisión en galego

As novas emisións de Irmandade TV principian cun maratón de doce horas dedicado á lingua galega, con entrevistas, reportaxes e debates.

Fonte: Culturagalega.org

A Escola Galega de Administración Pública homenaxea a figura de Xosé Filgueira Valverde

A Escola rematou as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde.

Fonte: Xunta de Galicia

Organízase a terceira edición do certame musical No bico un cantar

Co obxectivo de fomentar o gusto pola música culta e pola poesía galega entre os escolares de Galicia, ponse en marcha unha nova edición deste certame musical organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Concello de Cambados.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O conselleiro de Cultura e Educación visita o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

Segundo datos do INE, os nomes máis frecuentes escollidos en Galicia son Noa e Hugo

Os nomes de Hugo e Noa foron os preferidos para os nenos e nenas nacidos en Galicia no ano 2013. Por outra banda, os apelidos máis abundantes son Rodríguez, García e López.

Fonte: Galicia Hoxe

Galicia acolle varias marchas en defensa do galego co gallo da celebración do Día das Letras Galegas

A plataforma Queremos Galego reuniu centos de persoas que percorreron as principais cidades de Galicia en defensa da lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega dos Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria, convocados pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (UVigo) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder