Galicia
Román Rodríguez chama os galegos a traballar pola lingua e a cultura propias seguindo o exemplo de Ramón Piñeiro
O mesmo día en que se fan os 100 anos do nacemento do intelectual e galeguista Ramón Piñeiro, a Consellería de Cultura e Educación e mais o concello de Santiago de Compostela rendéronlle homenaxe co descubrimento dunha placa que o lembra como “mestre do galeguismo” na casa onde residiu durante décadas e dende a que desenvolveu o seu proxecto de contactar coa mocidade universitaria dos anos 50 e 60 para descubrirlle a nosa lingua e a cultura.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha empresa de telefonía négalle a atención a unha clienta por falar en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que a compañía Movistar non atendeu unha clienta por falar galego.
Fonte: Galicia Hoxe
A Universidade de Santiago acollerá un simposio no que se analizarán os recursos para o ensino e a aprendizaxe do xaponés
O terceiro Simposio da Asociación de Profesores de Xaponés en España (APJE) terá lugar na Facultade de Filoloxía e nel os docentes de xaponés debaterán sobre como mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe desta lingua.
O Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura da Deputación da Coruña recae na asociación cultural Alexandre Bóveda
O xurado destes premios valora a traxectoria desta asociación desde os anos setenta en defensa da lingua e a cultura galegas.
Fonte: El Ideal Gallego
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega de premios do III Certame de Banda Deseñada AX1
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do III Certame de Banda Deseñada AX1 que convoca o IES Arcebispo Xelmírez I.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase no DOG a resolución das axudas para proxectos de fomento do galego nos centros de ensino non universitario
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu as axudas para desenvolver, ao longo curso 2014-2015, proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos e privados de ensino non universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os CEIP Bergantiños de Carballo, Torre-Illa de Arousa e Carlos Casares gañan a cuarta edición do certame Nós tamén creamos!
A cuarta edición do concurso Nós tamén creamos!, promovido pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración coa Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora no marco do programa de dinamización lingüística do mesmo nome, xa ten gañadores. Fixéronse con eles os CEIP Bergantiños de Carballo, Torre-Illa da Illa de Arousa e Carlos Casares de Nigrán.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García reivindica as accións desenvolvidas entre Galicia e Portugal como vía para ampliar e fomentar o uso do galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou no Parlamento galego as accións de fomento dos lazos culturais e lingüísticos de Galicia co mundo lusófono desenvolvidas nos últimos meses ao abeiro da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e o afondamento nos vínculos coa lusofonía.
Fonte: Xunta de Galicia
O correo electrónico do Parlamento de Galicia incorpora o dominio .gal
Os correos electrónicos enviados por deputados e deputadas, grupos parlamentarios e persoal ao servizo da Administración parlamentaria son remitidos por defecto desde o dominio parlamentodegalicia.gal.
Fonte: Parlamento de Galicia
O Concello de Vigo organiza un roteiro literario e toponímico pola ría e pola illa de Ons
Este roteiro literario e toponímico pola ría de Vigo e mais pola illa de Ons realizarase o sábado 20 de xuño de 2015 seguindo o argumento da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo.
Fonte: Concello de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín