Galicia

Os servizos de normalización lingüística de doce concellos galegos poñen en marcha o proxecto Apego

Trátase dunha iniciativa, posta en marcha polos concellos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo, que busca fomentar a transmisión interxeracional da lingua galega a través de recursos e de espazos de uso que fan posible a socialización en galego desde a primeira infancia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura e Vegalsa-Eroski homenaxean a Filgueira Valverde co gallo das Letras Galegas 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis para conmemorar conxuntamente o Día das Letras Galegas.

Fonte: Xunta de Galicia

Os departamentos de galego das tres universidades de Galicia fan unha declaración conxunta en defensa da lingua galega

Os departamentos de galego das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña aproban por unanimidade unha declaración na que expresan a súa preocupación pola situación da lingua galega e polo seu futuro.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Ponse en marcha unha campaña para fomentar o uso do galego no sector hostaleiro de Vilagarcía de Arousa

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, os establecementos de hostalería vilagarciáns amosarán salvamanteis con deseños e lemas que fomenten o uso do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Os supermercados Gadis regalaranlles aos seus clientes unha recompilación de arrolos en galego

Gadis celebrará o Día das Letras Galegas con dúas iniciativas: a inclusión do homenaxeado nas bolsas da compra e unha recompilación de 50 arrolos en galego.

Fonte: La Opinión

Valentín García asistiu á presentación do libro de Xesús Alonso Montero "Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación do libro de Xesús Alonso Montero Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación conmemora as Letras Galegas coa comunidade terapéutica de Proxecto Home Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conmemora un ano máis as Letras Galegas coa comunidade terapéutica de Proxecto Home en Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A plataforma Queremos Galego convoca oito manifestacións para o 17 de maio en defensa da lingua galega

Esta plataforma fai un chamamento á participación nestas oito manifestacións que percorrerán as rúas das sete grandes cidades galegas e de Ribadeo.

Fonte: Galicia Hoxe

Preséntase unha iniciativa que convida, a través dun vídeo, a presumir de galego todo o ano

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propón difundir unha mensaxe de orgullo lingüístico que transcenda o 17 de maio co vídeo “Presume de galego”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

As páxinas web da Xunta de Galicia adoptarán o dominio .gal

Consolídase así o uso do dominio .gal para as iniciativas na internet da Xunta de Galicia. O decreto que o regula foi aprobado polo Consello da Xunta.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder