Galicia
O Concello da Coruña organiza actividades de lecer en galego para os máis pequenos
O concerto "Lucecús", de Pirilampo, está dirixido a familias con nenas e nenos maiores de 3 anos e busca fomentar a transmisión lingüística e promover o uso do galego no lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Cultura e Educación recibe a visita de estudos a Galicia do alumnado do proxecto Galauda
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, recibiu o alumnado de 1º da ESO que estuda galego no Collegi El Casal de Castellar del Vallès e as dúas docentes que o acompañan na súa viaxe de estudos á nosa comunidade autónoma.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación das ‘Festiletras 2015’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis coa Fundación Eduardo Pondal na celebración das Festiletras.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega e o Consello da Cultura reciben a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fíxolles entrega da proposta inicial de Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 aos presidentes da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
Fonte: Xunta de Galicia
A CTNL anima a visibilizar o galego en todos os ámbitos nas celebracións do Día das Letras Galegas
Para a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) a celebración do Día das Letras Galegas debe aproveitarse para facer máis visible o galego en todos os ámbitos e para transmitir unha imaxe máis moderna e atractiva desta lingua.
Fonte: CTNL
O Galegote Rock 2015 promove en Pontevedra as bandas que cantan en galego
A cuarta edición deste certame, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, celebrarase do 13 ao 16 de maio.
Fonte: Galicia Hoxe
Preséntase unha nova edición do Correlingua, a carreira a prol do galego que se celebrará entre o 4 e o 15 de maio
Esta iniciativa, que este ano leva por lema “Galego, a nosa creación común”, ten como obxectivo que o alumnado reivindique publicamente o uso da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Lingua.gal difunde materiais e actividades dos equipos de dinamización da lingua galega en homenaxe a Xosé Filgueira Valverde
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación abriu ao público a sección do seu web lingua.gal dedicada a difundir a obra do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación recoñece seis centros educativos pola súa innovación na promoción da lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Santiago pon en marcha a primeira edición dos Premios de radiodramas en galego
Poden participara no certame o alumnado da Universidade de Santiago, o de Comunicación Audiovisual das universidades da Coruña e Vigo e o das escolas de Imaxe e Son de Galicia.
Boletín
Subscríbase ao boletín