Galicia
Valentín García presenta a nova edición do FalaRedes, que chegará aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Un colexio de Aldán gaña o concurso de vídeos do Correlingua
O centro é o colexio Sagrada Familia de Aldán, cuxo vídeo en defensa do galego resultou galardoado co primeiro premio do concurso.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta amosa a súa satisfacción pola decisión do Supremo que ratifica a legalidade do decreto de plurilingüismo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere expresar a súa satisfacción ao coñecer a sentenza do Tribunal Supremo pola que queda ratificada definitivamente a legalidade do Decreto do plurilingüismo.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística presenta o primeiro manual en galego preparatorio das oposicións a bombeiro
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou O bombeiro galego. Temario e cuestionarios 1 e 2, o primeiro manual preparatorio das probas teóricas ás oposicións a bombeiro avalado pola Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O próximo volume de Astérix, que sairá en outubro, publicarase en galego
O papiro de César, título do novo álbum, sairá o 22 de outubro publicado pola editorial Xerais.
Fonte: Praza Pública
Convócase unha nova edición do premio de poesía Afundación para promover e poñer en valor a creatividade literaria en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Centro PEN de Galicia convocan a décimo terceira edición do Premio de Poesía Afundación, que ten como obxectivo favorecer e difundir a creatividade literaria en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O Ministerio de Educación estudará a variación dos criterios de avaliación da produción científica no relativo ao uso do galego
Trátase da resposta á Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística das universidades de Galicia que lle enviou ao Ministerio un informe sobre a utilización do galego como lingua científica no ámbito universitario.
Fonte: Praza Pública
Convócase o VI Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega
Este premio está convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Santiago de Compostela acollerá no mes de xullo unha nova edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

Os cursos, que se desenvolverán entre o 1 e o 24 de xullo, están organizados pola Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O mapa de Facebook contén varios erros nos topónimos da comarca do Barbanza
O mapa desta rede social, que permite anunciar onde estás en cada momento, contén varios erros graves na toponimia desta comarca.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín