Galicia

A Escola Galega de Administración Pública convoca actividades de formación lingüística para o persoal da Administración local

A oferta formativa inclúe os seguintes cursos:“Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego”, “A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala” e “Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócanse axudas para a creación de obras audiovisuais en galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) subvenciona obras audiovisuais, en versión orixinal en galego, con vocación artística e cultural.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Santiago de Compostela acolle a presentación da obra "Modelos de lingua e compromiso"

A Libraría Pedreira é o lugar onde se vai presentar este volume que está coordinado por Xosé Manuel Sánchez Rei e editado por Baía Edicións.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade da Coruña organiza un maratón de lectura de textos traducidos ao galego

Baixo o título “No galego cabe o mundo”, a Facultade de Filoloxía acolle entre os días 13 e 17 de abril este maratón de lectura.

Fonte: Universidade da Coruña

O Auditorio Municipal de Ourense acolle a celebración da Festa da Lingua

A Federación Española de Relixiosos de Ensinanza foi a encargada de organizar, como cada ano, esta festa á que acudiron arredor de cincocentos nenos e nenas.

Fonte: Faro de Vigo

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do seu concurso de curtas que busca promover o uso do galego no audiovisual

O IV Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!" ten como finalidade fomentar o emprego do galego nos novos valores do audiovisual en Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Mellorar o discurso oral en galego do alumnado é o obxectivo dun obradoiro organizado pola Universidade de Santiago

O obradoiro “Mellora o teu discurso oral” ten como obxectivo proporcionar ferramentas que melloren o discurso oral do alumnado, a través da adquisición de habilidades sociais e comunicativas, así como de competencias discursivas e lingüísticas orais.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Pontevedra pon en marcha un obradoiro sobre recursos lingüísticos dirixido á mocidade

O obradoiro “Recursos da nosa lingua para o tempo libre” ten como finalidade ofrecer ferramentas para crear espazos de socialización en galego no ámbito do lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade da Coruña acolle unhas xornadas sobre a Galipedia, a enciclopedia libre en galego

As xornadas celébranse na Facultade de Informática durante os días 16 e 17 de abril.

Fonte: Universidade da Coruña

Preséntase en Pontevedra a primeira revista de rugby editada en lingua galega

O salmón oval, que terá unha periodicidade mensual, é unha revista sobre rugby que se edita en Pontevedra e na que se utiliza o galego co obxectivo de normalizar o seu uso neste deporte.

Fonte: Pontevedra Viva

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder