Galicia
A VIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na VIII Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, en Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
O novo alcalde de Ferrol debaterá as propostas de acción a favor do galego da Mesa pola Normalización Lingüística
A Mesa pola Normalización Lingüística reuniuse co novo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, para lle trasladar propostas de acción a prol da lingua galega.
Fonte: A Mesa
O secretario xeral de Política Lingüística presenta o novo corpus documental do galego actual (CORGA)
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o novo Corpus Documental do Galego Actual (CORGA), elaborado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación apoia a actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, asinaron dous convenios de colaboración a través dos que a Xunta apoia a actividade desta entidade cunha achega total de 21 000 euros.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García inaugura a XXVIII edición dos cursos de lingua e cultura "Galego sen fronteiras"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da XXVIII edición dos cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” que organizan, na capital de Galicia, a Real Academia Galega (RAG), Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación da Coruña. Desenvolveranse ata o vindeiro 24 de xullo.
Fonte: Xunta de Galicia
"Estamos no verán!!!" chega a Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra e Baiona da man do "Falaredes"
Os concellos de Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra e Baiona reciben a proposta orixinal de Xoán Curiel no marco do FalaRedes, o programa de dinamización do galego que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Román Rodríguez asina un convenio coa ONCE para actuacións de normalización lingüística
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinou un convenio coa Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) que terá como finalidade a transcrición, a gravación e a adaptación de libros editados en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Manuel María será o homenaxeado nas Letras Galegas de 2016

A Real Academia Galega fixo público o resultado da votación para designar a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2016. Desta volta, o homenaxeado será o escritor chairego Manuel María. Con el, o número de homes homenaxeados ascende a 52, fronte a tan só 3 mulleres.
Fonte: Praza Pública
A Xunta celebra a decisión da RAG e prepara a homenaxe que Galicia lle vai render a Manuel María no Día das Letras Galegas

A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras de 2016 a Manuel María Fernández Teixeiro, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle van render ao poeta chairego o vindeiro ano.
Fonte: Xunta de Galicia
Achégase o peche de matrícula para os cursos intensivos do Centro de Linguas Modernas
O próximo venres 10 remata o prazo para matricularse nos cursos intensivos de iniciación do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, hai prazas para estudar catalán, chinés, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso, xaponés e xaponés para preparar o exame NOKEN 4.
Boletín
Subscríbase ao boletín