Galicia
A Universidade de Santiago abre o prazo dunha nova edición dos Premios á Calidade Lingüística
Este certame premia a calidade lingüística dos traballos académicos, os proxectos de fin de carreira (PFC) ou os traballos de fin de grao (TFG) e dos fin de mestrado (TFM) redactados en lingua galega.
Fonte: Universidade de Santiago
Valentín García visita o festival de Cans co alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Festival de Cans cun grupo de 100 alumnos e alumnas do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño (A Coruña), un dos centros gañadores da pasada edición do certame audiovisual de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!”.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do VII concurso Coca Cola Novos Talentos
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do “VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto”, convocado conxuntamente por Coca-Cola Iberian Partners e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de promover as destrezas lingüísticas da expresión escrita e da comprensión lectora en galego da mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócase o premio de curtas de comedia en lingua galega ‘Somos a curta!’ organizado pola Universidade de Santiago

O certame está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación, a proposta da Liga Estudantil Galega, e co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. As persoas que desexen participar deberán presentar unha peza audiovisual breve cunha comedia en lingua galega.
A Universidade de Vigo convoca axudas para fomentar a investigación en lingua galega
Destínanse un total de 10 000 euros para a realización de teses e traballos de investigación, fin de grao, fin de mestrado e fin de carreira en lingua galega. O prazo para presentar solicitudes finaliza o día 30 de setembro.
Fonte: Universidade de Vigo
Resólvense os XXI Premios Lois Peña Novo que recoñecen o compromiso dos galardoados coa lingua galega
O xurado destes galardóns decidiu premiar o xenetista Ángel Carracedo Álvarez, a avogada Consuelo Castro e o historiador e escritor Ricardo Gurriarán polo seu compromiso co fomento e a defensa do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Ferrol acollerá o XXIII Festival musical “A mocidade coa lingua”
Este festival, que se celebrará o 18 de xuño no Teatro Jofre, ten como obxectivo fomentar a creatividade e o uso do galego no ámbito do lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A oposición presenta unha proposición no pleno do Parlamento de Galicia para reclamar maior presenza do galego na Xustiza
O PSdeG, apoiado polo resto da oposición no Parlamento, presentou esta proposición pola case inexistente presenza do galego na Xustiza.
Fonte: La Opinión
A Universidade de Santiago convoca o I Premio de Radiodramas en galego
O galardón, convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación, premiará o mellor guión radiofónico dramático en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Museo Marco de Vigo acolle unha exposición sobre o papel de tradución e sobre as linguas
"A voz do tradutor" é o título da exposición, que recibiu o premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para comisarios novos. Nela poderase ver o traballo de quince artistas, de diferentes orixes e xeracións, que centran a súa obra na investigación das linguas e na utilización que se fai delas.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín