Galicia
Román Rodríguez entrega os premios do certame audiovisual de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entregou os premios a curtas de animación en galego realizadas baixo a técnica stop-motion no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase Limiar, unha nova colección dixital para monografías sobre temas relacionados coa lingüística e a filoloxía galegas
A nova colección do Instituto da Lingua Galega estréase cun volume titulado Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá, de Carolina Pérez Capelo.
Carballo acollerá unha nova edición do Curso de Verán "Traballando en Lingua"
Do 8 ao 10 de xullo no Fórum Carballo celebrarase o XI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística "Traballando en Lingua" no que se analizarán os cambios e afianzamentos lingüísticos na mocidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que negocie co Goberno de Castela e León para fomentar o ensino do galego no Bierzo
O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do BNG na que se lle reclama á Xunta que dialogue co Goberno da Junta co obxectivo de impulsar o ensino da lingua galega no Bierzo.
Fonte: El Progreso
A CTNL envíalles unha proposta ás deputacións para que se impliquen no fomento do galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulles ás organizacións políticas que formarán parte das novas corporacións das deputacións provinciais unha proposta para que estas institucións adquiran un compromiso firme coa lingua galega.
Fonte: CTNL
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitaralles apoio institucional para a lingua galega aos novos alcaldes
A Mesa pola Normalización Lingüística pretende, con esta medida, darlle un impulso á lingua galega desde os municipios. Entre as súas propostas figuran a atención en galego, o seu uso por parte dos cargos públicos ou a elaboración de materiais didácticos neste idioma.
Fonte: El Correo Gallego
O programa FalaRedes estrea as vacacións estivais nos concellos de Ordes e Muxía co espectáculo de música "Estamos no verán!!!"
Os concellos de Ordes e Muxía celebraron coa xente miúda o arranque das vacacións de verán cunha proposta de lecer en galego que festexa os días de estío e que chega da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a situación do galego ante a ONU
Na sesión do Consello de Dereitos Humanos da ONU avaliaranse as denuncias presentadas contra o Estado pola discriminación que sofren os falantes de galego e doutras linguas nos seus respectivos territorios.
Fonte: Faro de Vigo
CC OO presenta en Santiago a "Guía para un uso da linguaxe non sexista nas relacións laborais e no ámbito sindical"
A Guía para un uso da linguaxe non sexista nas relacións laborais e no ámbito sindical presentouse nunha conferencia de prensa en Santiago.
Fonte: Galicia Confidencial
A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística acorda novas propostas para dinamizar a lingua galega no ensino superior

A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística acordou novas propostas para dinamizar a lingua galega no ensino superior, no decurso dunha reunión ordinaria que mantivo en Santiago e á que acudiron o secretario xeral de Política Lingüística (en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Valentín García, así como os representantes dos órganos de goberno e dos servizos lingüísticos das tres universidades de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín