Galicia
A Mesa celebra que a RAG escollese o poeta Manuel María como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2016
A Mesa pola Normalización Lingüística congratúlase pola elección do poeta e incansable activista Manuel María como figura homenaxeada do Día das Letras Galegas de 2016.
A rede de centros plurilingües da Consellería de Cultura e Educación acada os 256 centros educativos autorizados
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará no curso 2015/2016 un total de 36 novas escolas á rede de centros plurilingües, ata sumar un total de 256.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística inaugura en Carballo o XI curso de verán sobre dinamización lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Carballo o XI curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en lingua. Mudanzas e afianzamentos lingüísticos na sociedade", que organiza a Universidade da Coruña en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Concello de Carballo e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Fonte: Xunta de Galicia
As asociacións culturais do país renderán unha homenaxe memorable a Manuel María no Día das Letras de 2016
Asociacións como a Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ou a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega manifestaron o seu compromiso por render unha homenaxe memorable a Manuel María no Día das Letras Galegas de 2016.
Fonte: Sermos Galiza
Román Rodríguez felicita os galardoados cos Premios á Cultura e á Investigación da Deputación de Pontevedra
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de Premios á Cultura e á Investigación que outorga a Deputación de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
Román Rodríguez acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro 'Semente galega en América'
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo acompañar hoxe ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación do seu novo libro “Semente galega en América”, un catálogo de galegos e galegas aos que o crucense máis universal homenaxea por deixaren a súa semente creadora e innovadora nas terras de alén do Atlántico. Ao longo das súas páxinas, o autor destaca neste libro, editado por Bolanda, a débeda de América con Galicia como terra de promisión de forza, de saber e de xenio creador da emigración galega.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva ‘Estamos no verán!!!’ A Malpica, Nogueira de Ramuín e Vilamarín, no marco do ‘FalaRedes'
Os concellos de Malpica de Bergantiños, Nogueira de Ramuín e Vilamarín gozarán esta fin de semana da música en directo de Xoán Curiel e a súa banda no marco do FalaRedes que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva "Estamos no verán!!!" a Malpica de Bergantiños, Nogueira de Ramuín e Vilamarín
Os concellos de Malpica de Bergantiños, Nogueira de Ramuín e Vilamarín gozarán da música en directo de Xoán Curiel e a súa banda no marco do FalaRedes que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A "palabra" cobrará este ano un protagonismo especial na feira das industrias culturais de Galicia
O vindeiro mes de decembro celebrarase en Pontevedra unha nova edicicón do Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que este ano terá a "palabra" como protagonista.
Fonte: Praza Pública
As formacións políticas galegas asinarán un manifesto a favor da normalización do galego
As formacións políticas galegas, agás o Partido Popular, asinarán no día do 130 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro a "Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega".
Fonte: Sermos Galiza
Boletín
Subscríbase ao boletín