Galicia

A vicepresidenta do Consello da Cultura recibe o alumnado do curso de lingua e cultura galegas

O alumnado dos cursos de verán de lingua e cultura galegas organizados pola Real Academia Galega para persoas non galegas visitou o Consello da Cultura Galega (CCG) e foi recibido pola súa vicepresidenta, Rosario Álvarez Blanco.

Fonte: Consello da Cultura Galega

"Os Bolechas, na máquina do tempo" chega a Vedra e Caldas de Reis e "Estamos no verán!!!" a Barreiros, Ribadumia e Bueu

No marco do programa "FalaRedes" que a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria leva, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por cuarto ano aos concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, os concellos de Vedra e Caldas de Reis recibirán "Os Bolechas, na máquina do tempo" e os de Barreiros, Ribadumia e Bueu o programa "Estamos no verán!!!".

Fonte: Xunta de Galicia

Estudantes da Universidade de Vigo convivirán con estudantes de fala inglesa co obxectivo de perfeccionar o idioma

A Casa Inglesa é unha iniciativa da Vicerreitoría do campus de Pontevedra coa que se pretende axudar ao alumnado a perfeccionar o seu nivel de inglés.

Fonte: Universidade de Vigo

Apróbase na Universidade de Vigo un regulamento para o emprego do galego

O 2 de marzo o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou o Regulamento de uso da lingua galega, unha normativa que regula tanto os usos orais como escritos do galego no ámbito universitario (facultades, escolas, centros, institutos, departamentos e servizos).

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa no acto conmemorativo do 25º aniversario da galeguización do xulgado da Fonsagrada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do 25º aniversario da galeguización do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Fonte: Xunta de Galicia

O dominio .gal baixa o seu prezo con motivo da celebración do Día de Galicia

Co obxectivo de promover o .gal, comeza unha campaña que durará ata o 20 de outubro para poder contratar este dominio a un prezo máximo de 40 euros máis IVE.

Fonte: Código Cero

Valentín García participa en Lugo na presentación da IX edición do Certame Condado de Pallares

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Lugo no acto de presentación da IX edición do Certame Condado de Pallares.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto da Lingua Galega homenaxea a David Mackenzie polo seu impulso do galego no mundo anglófono

O volume En memoria de tanto miragre, presentado polo Instituto da Lingua Galega, pretende ser unha homenaxe ao traballo do filólogo británico David Mackenzie, precursor do “galicianismo internacional”.

Fonte: Galicia Confidencial

Román Rodríguez anuncia que xa é posible acreditar en galego a peregrinación a Compostela

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, presentaron a nova versión galega de dous documentos mediante os que os viaxeiros que fan o Camiño acreditan a súa peregrinación a Compostela: a Credencial do peregrino e o Certificado de distancia.

Fonte: Xunta de Galicia

Román Rodríguez valora o compromiso de Feiraco coa lingua na entrega de premios do concurso ‘Relatos breves Letras Galegas 2015’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de premios que outorga Feiraco, en colaboración coa Consellería, con motivo da cuarta edición do concurso ‘Relatos breves Letras Galegas 2015’, un certame de microrrelatos en galego a través do Facebook.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder