Galicia

Unha usuaria de Bla Bla Car rexeita compartir coche cun condutor porque este falaba galego

A usuaria de Bla Bla Car rexeitou compartir coche cun concelleiro do BNG porque este lle respondeu en galego. El publicou nas redes sociais unha captura de pantalla da conversa mantida por WhatsApp onde se reflectía esta negativa.

Fonte: El Comercio

Convócase o XVI Premio Vicente Risco de Creación Literaria destinado a novelas, relatos ou ensaios escritos en lingua galega

A este certame, convocado pola Fundación Vicente Risco e o Concello de Ourense, poden presentarse novelas, conxuntos de contos ou ensaios escritos en galego e está dotado cun premio de 6000 euros.

Fonte: La Región

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo aposta pola formación en liña

No primeiro cuadrimestre, só un curso será presencial, o destinado ao alumnado de procedencia estranxeira. Os outros cinco que oferta serán virtuais.

Fonte: Universiade de Vigo

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso de toponimia galega deturpada por parte de Adif

A polémica xurdiu polo emprego do topónimo El Ferrol que Adif xustifica apelando a tradición.

Fonte: Praza Pública

"Os Bolechas na máquina do tempo" retoman a súa xira dentro do programa FalaRedes 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, retomará a actividade "Os Bolechas na máquina do tempo", que no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015 está a chegar desde o mes de marzo a 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover o uso do galego.

Fonte: Xunta de Galicia

O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago presenta as súas novidades para o curso 2015-2016

O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou as súas novidades para o curso 2015-2016 que inclúen, entre outras, unha maior oferta de linguas e novas modalidades para a aprendizaxe de linguas estranxeiras.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Ponse en marcha Galejobs, un portal en lingua galega para a procura de emprego

Galejobs é un portal destinado a persoas residentes en Galicia que procuran un posto de traballo. Un grupo de profesionais de diferentes ámbitos puxo en marcha este servizo dispoñible integramente en lingua galega.

Fonte: Código Cero

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza varias actividades para bebés no marco do proxecto Apego

Ao longo do mes de setembro Redondela acollerá varias actividades de dinamización lingüística dirixidas a bebés e á primeira infancia, como apoio ao desenvolvemento do programa Apego.

Fonte: SNL de Redondela

O Concello de Ames organiza unha nova edición do obradoiro “En galego, co teu acento”

Este obradoiro de lingua e cultura galegas está dirixido a persoas de fóra de Galicia e inmigrantes ou emigrantes retornados, así como calquera persoa interesada en coñecer o idioma e a cultura de Galicia.

Fonte: Concello de Ames

O Concello de Ourense organiza un curso de galego para persoas desempregadas

O Concello de Ourense, coa colaboración da Consellería de Traballo, organiza dous cursos, un de galego e outro de castelán, para a obtención de competencias clave de ambas as linguas.

Fonte: La Región

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder