Galicia
Cultura e Educación entrega no Parlamento o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020
A Consellería de Cultura e Educación entregou no Parlamento a proposta inicial do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.
Fonte: Xunta de Galicia
Estudantes da Universidade de Zúrich visitan Galicia para achegarse de primeira man á lingua e á cultura galegas
Un grupo de 35 alumnos e alumnas de lingua e cultura galegas da Universidade de Zúrich foron recibidos polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
Queremos Galego convoca para o 17 de maio oito manifestacións en defensa da lingua galega
As manifestacións levaranse a cabo na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo baixo o lema "Galego, garantía de futuro".
Fonte: Praza Pública
A Universidade da Coruña organiza un curso de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras
O VIII Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras conta con dous niveis, elemental (A1-A2) e intermedio (B1-B2).
Fonte: Consello da Cultura Galega
A CTNL envíalles aos partidos políticos unha proposta de normalización lingüística para que incorporen aos programas electorais
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua trasladoulles ás organizacións políticas a súa proposta en materia de normalización lingüística para que a inclúan nos seus programas electorais para as vindeiras eleccións municipais.
Fonte: CTNL
Ponse en marcha unha campaña de concienciación para esixir o dereito a unha atención en galego nos centros de chamadas
A CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística inician unha campaña de concienciación dirixida á sociedade para que esixan ser atendidos en galego nos centros de chamadas de empresa asentadas en Galicia.
Fonte: Galicia Hoxe
Preséntase o primeiro volume dunha colección de libros que busca promover a transmisión interxeracional do galego
O Concello de Pontevedra e A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron O abecedario, unha obra destinada a nenos e nenas de cero a seis anos.
Fonte: Pontevedra Viva
Vigo acolle un encontro no que se debate o concepto de neofalante
O encontro “Os neofalantes nunha Europa multilingüe: oportunidades e desafíos”, celebrado os días 23 e 24 de abril, abordou tres procesos que atinxen aos neofalantes no contexto europeo: a adquisición lingüística, o uso lingüístico e a percepción social.
Fonte: Universidade de Vigo
Un grupo de lingüistas sostén que o topónimo Vigo procede do gaélico
Desde o Proxecto Gaelaico defenden que o topónimo Vigo significa baía e que se utilizaría tras a caída de Roma.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación colabora con Feiraco nunha nova campaña para conmemorar as Letras Galegas 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Feiraco nunha nova campaña conmemorativa das Letras Galegas 2015.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín