Galicia

A Deputación da Coruña convoca o VI Premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura 2015

Este premio ten como finalidade principal recoñecer as iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e a dignificación da lingua e a cultura galegas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Ames convoca unha nova edición do seu certame literario que busca fomentar os novos valores da literatura en galego

O certame ten dúas modalidades (narrativa e poesía) e en cada unha hai tres categorías, segundo a idade dos participantes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Arranca a actividade Tradición 2.0 do proxecto de dinamización lingüística Dragal no que participan este ano 659 estudantes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha nova actividade no marco do proxecto de dinamización lingüística Dragal.

Fonte: Xunta de Galicia

Entréganse os Premios á edición en lingua galega no ano 2014

A Asociación Galega de Editores entregou os X Premios Ánxel Casal, que recoñecen o traballo editorial en galego dos seus membros ao longo do ano.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Santiago convoca un concurso de vídeo-creación para promover o galego nos centros de ensino

O II Concurso de vídeo-creación para centros de ensino ten como obxectivo promover o uso do galego na comunidade educativa e na súa contorna. O prazo para a entrega dos traballos finaliza o 2 de maio de 2015.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Redondela organiza un novo ciclo de cine en galego

A finalidade deste ciclo é ofrecer actividades de lecer en galego e mostrar a súa riqueza e utilidade para as creacións audiovisuais.

Fonte: SNL de Redondela

Cultura e Educación mantén a convocatoria de estadías para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai de novo este ano un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas coa convocatoria de 682 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa en estadías lingüísticas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua busca participantes para poñer en marcha varios proxectos

Esta organización vai crear uns grupos de traballo para a mellora e o desenvolvemento dalgúns proxectos que teñen planificados para os vindeiros meses.

Fonte: CTNL

A Universidade de Vigo publica un libro sobre hidronimia galega

A Universidade de Vigo acaba de presentar a obra póstuma de Edelmiro Bascuas Hidronimia paleoeuropea gallega, traducida, prologada e editada polo profesor Gonzalo Navaza.

Fonte: Universidade de Vigo

TeleLugo emite un debate sobre a situación actual da lingua galega

O programa semanal Lugo a Debate tratará a situación do galego nun debate no que participarán representantes do mundo da Xustiza, do ensino e da Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: El Progreso

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder