Galicia
Román Rodríguez defende o uso cotián do galego no acto conmemorativo do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reclamou o uso da lingua galega en todos os ámbitos durante o acto central do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Fonte: Xunta de Galicia
Iníciase a terceira edición do proxecto “21 días co galego”
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal é o impulsor desta iniciativa coa que se pretende adquirir unha maior competencia en lingua galega e tamén maior conciencia lingüística.
Fonte: Praza Pública
Román Rodríguez empraza a traballar en positivo e con consenso para reforzar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo un chamamento a traballar de xeito intensivo e coordinado no obxectivo de impulsar un maior uso do idioma galego en todos os ámbitos sociais.
Fonte: Xunta de Galicia
Burela gaña a fase autonómica do certame radiofónico 'O galego na onda'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou no web www.lingua.gal que o Concello de Burela resultou gañador da fase autonómica do certame radiofónico de dinamización lingüística “O galego na onda”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello da Coruña organiza un concerto obradoiro para fomentar o galego entre os cativos
O concerto obradoiro “Son xogos, xogos sons” está destinado a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. Un dos seus obxectivos é promover a creación de actividades de lecer en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García participa nos actos de homenaxe ao poeta Manuel Rodríguez López polo 25º aniversario do seu pasamento
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no concello lugués de Paradela no actos de homenaxe a Manuel Rodríguez López.
Fonte: Xunta de Galicia
A CEG móstrase contraria a que se teña en conta o galego nos baremos para obter subvencións destinadas a formación
A Confederación de Empresarios de Galicia solicítalle á Xunta que se elimine a utilización do galego para o acceso ás axudas destinadas aos cursos de formación para persoas desempregadas.
Fonte: La Opinión
Ponse en marcha o I Concurso de bandas en galego

O obxectivo deste certame, organizado pola Asociación Cultural Novo Cruceiro de Vila de Cruces, é visibilizar os grupos de rock que fan música en galego. A banda gañadora recibirá 300 euros e actuará no festival Novo Cruceiro Rock o 7 de agosto de 2015.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Pontevedra convoca unha nova edición do certame 'Ben veñas, maio' para promover a creatividade en galego da xente nova
O certame, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística, vai dirixido ao alumnado dos institutos e centros de ensino secundario de Pontevedra.
Fonte: Pontevedra Viva
O Instituto Cervantes e a Xunta reuniranse para que os cursos de galego se inclúan no Espazo de Linguas Ibéricas
A negociación ten como finalidade que os cursos de lingua galega que se imparten na Casa de Galicia en Madrid se incorporen ao Espazo de Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín