Galicia
Un grupo de lingüistas sostén que o topónimo Vigo procede do gaélico
Desde o Proxecto Gaelaico defenden que o topónimo Vigo significa baía e que se utilizaría tras a caída de Roma.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación colabora con Feiraco nunha nova campaña para conmemorar as Letras Galegas 2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Feiraco nunha nova campaña conmemorativa das Letras Galegas 2015.
Fonte: Xunta de Galicia
Celébrase a final do Club de Debate, unha iniciativa coa que se pretende fomentar o uso do galego entre o alumnado de secundaria
Participaron nesta final estudantes de seis centros educativos. O gañador foi o IES Número 1 do Carballiño, que logrou arrincar 363 puntos do xurado.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación convoca axudas para promover o uso do galego no ámbito local

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixo pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra levarán unha mostra sobre Xosé Filgueira Valverde a 22 concellos galegos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou a mostra ‘Xosé Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia’, centrada no autor ao que este ano a Real Academia lle dedica o Día das Letras Galegas, como unha “das principais actuacións de difusión social e posta en valor coas que celebramos a vida e a obra da figura homenaxeada”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega leva ao Tribunal Constitucional o decreto do plurilingüismo
A Real Academia Galega (RAG) presentará un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional por considerar que o Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario vulnera os dereitos das persoas galegofalantes.
Fonte: Real Academia Galega
Salvaterra acolle un encontro no que se elaborará un traballo sociolingüístico sobre o uso do galego no sector servizos
Neste encontro sociolingüístico participará o alumnado de 3º da ESO do IES de Salvaterra e do CPI de Mondariz.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística recibe o alumnado de galego do Bierzo, de visita de estudos en Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiu un grupo de 135 alumnos e alumnas que estudan galego no Bierzo, no marco do protocolo de colaboración asinado pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, de visita de estudos en Galicia durante estes días.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Santiago fomenta o uso do galego entre a xente nova cun obradoiro de rap e regueifa
A asociación ORAL de Galicia (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia) colabora con esta iniciativa que busca promover o galego entre o alumnado da cidade.
Fonte: El Correo Gallego
A Deputación de Pontevedra organiza un curso de linguaxe administrativa galega para o seu persoal
O curso “Lingua galega en documentos administrativos” está destinado ao persoal da deputación e tamén aos concellos da provincia adheridos ao Plan agrupado de formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín