Galicia
Os sinais dos vaos de Lugo serán bilingües
Nas novas placas dos sinais de vao a información figurará en galego e en castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
Rexistran unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que as medidas do Plan xeral de normalización teñan rango de lei
A iniciativa foi rexistrada polo BNG co obxectivo de evitar o risco de desaparición do galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Ponse en marcha nun colexio de Silleda unha campaña que vincula o uso do galego con valores como a paz
O alumnado do Colexio M.ª Inmaculada de Silleda organiza a campaña “Mil barcos por un soño, mil barcos pola paz!” que vincula o emprego do galego con valores como a paz.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha nova edición do Club de Debate promoverá o galego e o pensamento crítico
Os servizos de normalización lingüística de varios concellos organizan esta iniciativa que ten por obxectivo fomentar o uso do galego e promover o pensamento crítico do alumnado.
Fonte: Galicia Confidencial
Cúmprense trinta anos da primeira sentenza ditada en lingua galega
A Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña ditou hai trinta anos a primeira sentenza en lingua galega.
Fonte: Galicia Confidencial
Solicítanlle ao Concello de Santiago que poña en marcha actividades de fomento da lingua galega
O BNG demanda que se poñan en marcha actividades para promover a lingua galega o vindeiro 24 de febreiro aproveitando a celebración do día de Rosalía de Castro.
Fonte: La Voz de Galicia
A Asociación da Prensa de Santiago peregrina por un tramo do Camiño para reivindicar a defensa do galego

Esta asociación levou a cabo unha peregrinación reivindicativa por un tramo do Camiño de Santiago para reclamar unha maior concienciación sobre a situación do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Alumnos de toda Galicia asistirán á campaña escolar de Talía Teatro cos seus dous espectáculos sobre o galego
O Salón Teatro acolle a campaña escolar que a compañía Talía Teatro desenvolverá en Santiago con ‘Bicos con lingua’ e ‘Pelos na lingua’, os seus dous espectáculos sobre o galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia convoca subvencións para empresas que realicen publicacións periódicas escritas en galego
A Secretaría Xeral de Medios publica no DOG a convocatoria de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A plataforma Queremos Galego convoca para o 8 de febreiro unha manifestación en defensa do galego
A manifestación en defensa da lingua galega celebrarase o vindeiro 8 de febreiro en Santiago de Compostela.
Fonte: Galicia Hoxe
Boletín
Subscríbase ao boletín