Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación salienta a contribución científica e o compromiso galeguista de Isidro Parga Pondal
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na homenaxe que a Universidade de Santiago en colaboración co Foro Peinador lle rendeu a Isidro Parga Pondal, co gallo da celebración do Día da Galeguidade Empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia
Luis García Soto faise co XIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, coa obra 'Barthes filósofo'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, deu a coñecer o ditame do xurado da XIV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, que lle foi concedido a Luís García Soto pola obra Barthes filósofo.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a situación do galego perante a ONU
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia nun informe presentado na ONU a discriminación que sofre o galego malia ser lingua oficial.
Fonte: Galicia Hoxe
A lingua árabe impártese como actividade extraescolar nun colexio de Lugo
O colexio de Paradai acolle os mércores unha actividade extraescolar de lingua árabe á que asisten quince nenos.
Fonte: El Progreso
O primeiro editatón da Wikipedia en lingua galega, a Galipedia, celebrarase en Vigo
O 28 de febreiro o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon) organiza o primeiro editatón da Galipedia no que se explicará como colaborar con esta iniciativa.
Fonte: Código Cero
O sindicato CIG reclama que se imparta en galego como mínimo a metade das materias
Solicita que o ensino sexa exclusivamente en galego ou que, cando menos, se imparta nesta lingua un mínimo do 50 % das materias.
Fonte: El Correo Gallego
Un grupo de inmigrantes de Ribeira recibe clases de lingua galega
O Servizo de Normalización Lingüística organiza esta actividade á que acoden doce inmigrantes procedentes de diferentes países.
Fonte: La Voz de Galicia
‘Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego’ é a campaña impulsada por concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora con catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística na nova campaña de promoción do uso do galego “Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego”.
Fonte: Xunta de Galicia
Solicitan a creación dunha comisión no Parlamento de Galicia sobre a situación da lingua galega
Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) pedirá no Parlamento que se cree unha comisión sobre l situación da lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Vigo pon en marcha unha serie de actividades de fomento do galego para o alumnado de Educación Infantil
O luns 19 de xaneiro comezaron as tres actividades para o alumnado de Infantil: “Paseniño coa lingua”, “Nano e Dara” e “Son San”.
Fonte: Vigo en Galego
Boletín
Subscríbase ao boletín