Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística recibe o aninovo co ‘Nadal en Rede’ en máis de vinte concellos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha ampla oferta de actividades programadas no marco da campaña Nadal en Rede 2014, que promove a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación clausura en Celanova a ampla programación promovida pola Xunta para conmemorar as Letras Galegas 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou no concello ourensán de Celanova a ampla programación posta en marcha pola Xunta de Galicia arredor do poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro.

Fonte: Xunta de Galicia

Nace unha nova revista en lingua galega

MaOs Innovación Social xa ten a súa primeira revista en galego na rede despois de constituírse en marzo de 2014 como cooperativa.

Fonte: Galicia Confidencial

O novo director da Real Academia Española ve necesario coidar que non se perda a transmisión do galego nas familias

O novo director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, considerou necesario "coidar que non se perda" a transmisión da lingua galega "nas familias" para garantir o seu uso no futuro.

Fonte: Galicia Hoxe

Abanca abandonará o galego como lingua vehicular

O idioma vehicular de Abanca pasará a ser o castelán. Esa é a intención da entidade bancaria resultado da desaparición das dúas grandes caixas galegas e dun polémico proceso de fusión. Varios carteis publicitarios apareceron xa nos últimos meses exclusivamente en castelán nalgunhas das súas oficinas, algo que ata o de agora non era o habitual. Pola contra, o catalán seguirá a ser a lingua na que vehicule a comunicación en Cataluña.

Fonte: Praza Pública

O Consello da Cultura Galega sae en defensa do Día das Letras a Filgueira Valverde

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, rebateu as críticas formuladas desde diversos ámbitos á Real Academia Galega pola decisión de dedicar o Día das Letras Galegas en 2015 a Xosé Filgueira Valverde polo seu pasado franquista, opinións coas que asegurou "non concordar".

Fonte: Sermos Galiza

A Xunta recoñece que "hai un problema" co galego pero di que depende das familias

A Xunta insiste en deixar claro que a perda de galegofalantes non é só un problema da Consellería de Educación, senón que é algo que ten que ver coa propia sociedade e as familias. "A transmisión do idioma é algo que ten que ser asumido por toda a sociedade desde as propias familias e, por suposto, tamén nos centros educativos", dixo o conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta, Jesús Vázquez Abad.

Fonte: Galicia Confidencial

"Corrupción" é a palabra do ano 2014 en Galicia

Non é un neoloxismo nin un termo ligado á tecnoloxía ou a novos costumes sociais. Tampouco unha verba adoptada recentemente no idioma e procedente doutra lingua. A palabra do ano 2014 en Galicia é "corrupción". Isto é o que vén de determinar o Portal das Palabras, a iniciativa conxunta da Real Academia Galega e da Fundación Barrié para traballar e divulgar o léxico do galego.

Fonte: Praza Pública

O presidente do Consello da Cultura Galega ve perigo de quebra de transmisión xeracional do galego

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, considerou que "hai perigo de quebra de transmisión xeracional" do idioma galego que pode ter "consecuencias a medio prazo negativas" aínda que considerou que a súa situación "non é de alerta nin de emerxencia".

Fonte: Galicia Hoxe

Varias entidades impulsan produtos e artigos con sentido educativo e en lingua galega para regalar no Nadal

Empresas, editoras ou librerías ofrecen unha serie de produtos e artigos con sentido educativo e a lingua propia como elemento central.

Fonte: El Correo Gallego

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder