Galicia
A Universidade de Vigo únese á iniciativa para pedir os produtos de Apple en galego
Puxéronse mans á obra a principios de decembro co obxectivo de conseguir que Apple inclúa o galego nas súas opcións de idioma e cada vez son máis os que se están a unir á campaña Queremos Apple Galego!, unha iniciativa que dende a Universidade están a impulsar o profesor da ETSE de Telecomunicación e coordinador de TelGalicia, Manuel Caeiro, e o alumno de Enxeñaría Industrial e responsable nacional dos Comités, Brais Fortes.
Fonte: Universidade de Vigo
ProLingua pídelles unidade aos partidos para defender a lingua galega
Unidade total é a proposta da plataforma ProLingua para salvar o galego logo de coñecerse o estudo do IGE que sinala que só un 13 % dos mozos entre 5 e 15 anos fala habitualmente en galego, fronte ao máis de 50 % que o fai en español.
Fonte: Galicia Confidencial
Organizan en Pontevedra un curso de formación para os participantes no Club de Debate 2015 cuxa finalidade é o fomento do galego
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un curso de habilidades comunicativas para os mozos e mozas participantes na nova edición do Club de Debate de Pontevedra.
Fonte: Concello de Pontevedra
Publícanse tres novas convocatorias que apoian o labor de promoción do galego dos equipos de dinamización

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria difundiu tres convocatorias que servirán para apoiar o labor dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos da Comunidade.
Fonte: Xunta de Galicia
O BNG de Santiago pide que se cambie a toponimia "deturpada" do letreiro da Curtiduría de Pontepedriña de Arriba
O BNG de Santiago pediulle ao Concello da cidade que se cambie o letreiro identificativo do nome da antiga curtiduría que se está a rehabilitar en Pontedriña de Arriba, situada ao lado do paseo do Sarela.
Fonte: El Correo Gallego
Máis de sesenta concellos da Rede de Dinamización Lingüística participaron no programa Nadal en Rede
O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014 concluíu estes días logo de percorrer máis de 60 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase unha nova guía da agricultura ecolóxica en galego
A obra, editada por Sogama e realizada pola luguesa Agronovo Ecoloxía, facilita a adopción deste tipo de cultivo mediante ferramentas prácticas, como, por exemplo, calendarios de cultivos para a Galicia costeira e o interior e consellos para unha óptima organización das hortas.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Vigo compila nun manual as respostas ás preguntas máis frecuentes que reciben sobre o uso da lingua galega
O manual Na universidade en galego sen dúbida é un novo recurso didáctico para a aprendizaxe da lingua galega elaborado ao abeiro do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística que asina cada ano a Universidade de Vigo coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Universidade de Vigo
A Consellería de Cultura e Educación organiza un encontro dos docentes participantes na segunda edición do Proxecto Dragal
Un total de 22 representantes dos 55 docentes que interveñen este curso na segunda edición do proxecto de dinamización lingüística Dragal participa no encontro organizado pola Consellería de Cultura e Educación.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Lugo e os peiteadores inician unha campaña para fomentar o galego
Esta campaña para fomentar o emprego do galego nos centros de beleza ten como lema 'O galego é a túa imaxe'.
Fonte: El Progreso
Boletín
Subscríbase ao boletín