Galicia

Os encontros da escritora Elena Gallego co alumnado participante no proxecto Dragal pecháronse no IES Taboada Chivite de Verín

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pechou, no IES Taboada Chivite de Verín, a primeira actividade do trimestre do proxecto de dinamización lingüística Dragal.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación colabora coa décimo oitava edición do Certame de Poesía Concello de Carral

O Concello de Carral convoca a décimo oitava edición do seu certame de poesía co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

O CEP Salustiano Rey Eiras e a EPA Río Lérez de Pontevedra fanse cos premios do concurso-exposición Letras Galegas 2015

O CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e a EPA Río Lérez de Pontevedra resultaron os centros de ensino gañadores do Concurso-Escolar Letras Galegas 2015 -nas categorías de educación infantil e primaria e de educación secundaria e bacharelato, respectivamente-, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócanse actividades de formación lingüística destinadas aos empregados públicos da Xunta de Galicia

A convocatoria, promovida pola Escola Galega de Administración Pública, inclúe varios cursos de temática lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Unha asociación da Estrada planea o lanzamento da segunda tempada dunha webserie rodada en lingua de signos

A webserie, que leva por título Mírame cuando te hablo, está producida pola asociación Idendeaf para persoas xordas. A primeira tempada conseguiu en YouTube máis de 100 000 reproducións.

Fonte: El Correo Gallego

O IGE publica por primeira vez unha estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación galega por décadas

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación, a través da cal se pode, por primeira vez, coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (dende antes de 1930 ata a década actual).

Fonte: Xunta de Galicia

O fiscal superior de Galicia anima o gremio dos avogados a que presente as súas demandas en lingua galega

Carlos Varela anima os avogados galegos a presentaren as súas demandas en lingua galega e demanda máis instrumentos para exercer a profesión de xurista neste idioma.

Fonte: Galicia Hoxe

Santiago de Compostela acolle unha manifestación a prol do galego co lema 'Polas fillas dos nosos fillos'

Calcúlase que foron máis de 20 000 as persoas que acudiron a esta marcha convocada pola plataforma Queremos Galego.

Fonte: Galicia Hoxe

A Universidade de Santiago organiza o Café de Idiomas, unha forma de practicar linguas estranxeiras dun xeito lúdico

O Centro de Linguas Modernas pon en marcha un ano máis esta iniciativa que ten como obxectivo a práctica de idiomas sen profesorado e dun xeito informal.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Ponse en marcha a campaña "Fain@ gozar coa lingua" co obxectivo de animar a escoller un regalo en galego para a parella

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é a impulsora desta campaña que está vinculada á plataforma Agasallo.eu.

Fonte: CTNL

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder