Galicia

Un seminario organizado pola Universidade de Vigo advirte do risco de desaparición de case 200 linguas e dialectos europeos

O profesor Xosé Henrique Costas ofreceu un relatorio en Ciencias da Educación e do Deporte co gallo do Día Internacional da Lingua Materna.

Fonte: Universidade de Vigo

Conmemórase o aniversario do último discurso de Otero Pedrayo na Universidade de Santiago, o primeiro en galego nesta entidade

Conmemorouse o 57 aniversario do discurso de despedida na Universidade de Santiago de Otero Pedrayo, unha intervención realizada por primeira vez en lingua galega na institución académica.

Fonte: Galicia Hoxe

A Fundación Rosalía de Castro acolle a entrega dos Premios "Nós tamén creamos!"

A Casa-Museo de Rosalía de Castro de Padrón acolleu a entrega dos III Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!” convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García participou no acto conmemorativo do 98º cabodano da morte de Eduardo Pondal

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do 98º cabodano da morte de Eduardo Pondal, organizado pola Fundación Eduardo Pondal na Coruña.

Fonte: Xunta de Galicia

A creatividade feminina faise cos seis premios de 'Lingua de namorar', o certame para dinamizar o galego na mocidade

As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Traballo e Benestar, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente, fixeron pública a resolución da terceira edición do certame de declaracións de amor na rede "Lingua de namorar", cuxos seis premios recaeron en seis mozas.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntanse seis medidas urxentes para recuperar a lingua galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou seis medidas urxentes para recuperar a lingua galega e reverter o seu proceso de substitución lingüística.

Fonte: Cultura Galega

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua presenta as súas liñas de actuación para 2015

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) aprobou en asemblea as liñas de actuación a prol da lingua galega para o 2015.

Fonte: CTNL

A Universidade de Santiago premia a calidade lingüística dos traballos académicos dos seus estudantes

As comisións de normalización lingüística premian a calidade lingüística de traballos de fin de grao, carreira ou mestrado ou un traballo de investigación para unha materia.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócase o VI Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”

O certame está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello desta localidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Carballo convoca o XI Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Este premio ten como obxectivos fomentar a reflexión sobre a situación do galego na actualidade e crear espazos nos xornais para promover o seu emprego e o seu prestixio. A persoa gañadora recibirá un premio de 1000 euros, ademais da publicación do artigo. O prazo de presentación dos textos finaliza o 15 de abril de 2015.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder