Galicia

A iniciativa "Por un Dépor en galego" aséntase na rede

A iniciativa "Por un Dépor en galego" aséntase na rede coa creación da súa propia web, coa que pretende fortalecer "un punto de encontro do deportivismo" que está a prol de que o club mude o nome da cidade que figura no escudo "para que finalmente sexa A Coruña".

Fonte: Praza Pública

A Universidade de Vigo lanza un dicionario de sinónimos do galego para os dispositivos móbiles

A Universidade de Vigo pon en marcha o Dicionario de Sinónimos do Galego, unha aplicación móbil coa que se poden consultar máis de 200 000 voces en galego. Esta ferramenta está dispoñible de balde na Play Store para dispositivos con Android e tamén na tenda de produtos de Apple.

Fonte: Código Cero

A rede universitaria iberoamericana RedEmprendia integra no seu seo a tecnoloxía galega Linguakit

A plataforma Linguakit, un innovador portal multilingüe de análise textual (en galego, castelán, inglés e portugués), vén de ser incorporada pola rede universitaria iberoamericana RedEmprendia, que xa a ten integrada na web de seu.

Fonte: Código Cero

O Concello de Ames convoca o VIII Concurso de cartas de Nadal en galego

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza o VIII Concurso de cartas de Nadal. Todos os/as nenos/as de Ames que queiran participar neste concurso deben depositar as súas cartas, escritas en galego, nas caixas de correo real distribuídas por diferentes lugares do concello antes do 18 de decembro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura e Educación presenta ‘Nimbos / Argi-koroak’, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra diazcastriana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou en Donostia Nimbos / Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra diazcastriana coa que a Xunta de Galicia pecha a ampla programación de actividades e de proxectos postos en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

Fonte: Xunta de Galicia

Comités Abertos poñen en marcha unha iniciativa en defensa do galego en Twitter

Protexer a lingua galega botando man das ferramentas máis usadas polos treitos de idade onde menos se emprega a lingua e, polo tanto, máis cómpre promovela e visualizala é o grande obxectivo da campaña #EuEnGalego.

Fonte: Código Cero

O Concello da Coruña organiza para o Nadal un programa de concertos en galego para público familiar

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza Musicando no Nadal, un programa de concertos en galego para público familiar con nenas e nenos a partir de 4 anos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta de Galicia réndelle homenaxe a Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria rendeulle homenaxe en Silleda (Pontevedra) ao escritor, activista cultural e galeguista Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento.

Fonte: Xunta de Galicia

Nadal en Rede chega a Santiago para celebrar o Nadal en galego da man da Consellería de Cultura e Educación

Dúas das propostas de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística posto en marcha por terceiro ano consecutivo pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover a celebración do Nadal en galego, chegará á capital de Galicia a vindeira semana da man da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha campaña a favor do galego convértese en trending topic en Twitter

Comezou ás 22.00 horas do mércores 17 de decembro e antes das 12 xa era trending topic en Twitter. A campaña impulsada polos Comités Abertos baixo o hastag #EuEnGalego foi todo un éxito e mantívose nos primeiros postos ata ben entrada a madrugada do xoves 18.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder