Galicia
O Concello da Coruña organiza unha actividade con xogos e música para fomentar o galego entre os máis pequenos
A actividade “Son xogos, xogos sons” está destinada a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. Trátase dun concerto-obradoiro que ten como obxectivo promover a transmisión lingüística e fomentar a creación de espazos de lecer en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Política Lingüística e os empresarios de Lugo intercambian propostas para impulsar o galego no eido empresarial e comercial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo co secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) centrado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García inaugura a exposición sobre a figura do poeta obreiro Manuel Rodríguez López en Ferrol
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Ferrol a exposición coa que se lle rende homenaxe a Manuel Rodríguez López, que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX.
Fonte: Xunta de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa na inauguración da exposición ‘Arte e ciencia’ en Ourense
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Ourense a exposición ‘Arte e Ciencia’ da Institución Galega da Ciencia.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha escola infantil da Coruña prohíbelle falar en galego a unha empregada
A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG-Ensino denuncian que se lle prohibiu utilizar o galego nas clases á empregada dunha escola infantil da Coruña.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García reúnese co empresariado ourensán da construción para tratar o plan de dinamización do galego no sector económico
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo coa Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) enmarcado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García asiste á presentación do novo libro de mandas testamentarias dentro da campaña ‘En galego, agora e sempre!’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación dun novo libro de mandas testamentarias que, no contexto da campaña ‘En galego, agora e sempre!’, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística edita e publica dende o ano 2002.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Narón organiza un espectáculo musical para fomentar a transmisión lingüística en galego
O Concello de Narón organiza, no marco do proxecto Apego, o espectáculo musical “Unha viaxe polo mundo” para fomentar a transmisión lingüística e crear espazos de uso en galego no ámbito do lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O II Encontro Dragal atrae ao Pico Sacro preto de 400 escolares de toda Galicia
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizou, un ano máis e no marco do proxecto Dragal 2014-15, o II Encontro Dragal no Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña).
Fonte: Xunta de Galicia
Santiago de Compostela acolle unha reunión da sociedade internacional de docentes de portugués como lingua estranxeira
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, acudiu á inauguración do simposio da Sociedade Internacional Portugués Lingua Estranxeira (SIPLE) onde destacou o aumento de estudantes desta lingua en Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín