Galicia

Os XVII Encontros para a Normalización Lingüística fan un chamamento a unha maior colaboración entre todas as entidades

Na XVII edición dos Encontros para a Normalización Lingüística expuxéronse os datos e as experiencias de normalización e planificación pensadas para os máis novos. Ademais, constatouse que cómpre un traballo colaborativo entre entidades e institucións que permita inverter a baixada de galegofalantes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística prepara a celebración do Día da Ciencia en Galego

O VI Día da Ciencia en Galego celébrase o mércores 4 de novembro, unha data para a que a Coordinadora Galega de ENDL está a organizar unha videoconferencia vía web cun investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Culpan as xuntas electorais da exclusión do galego das actas dos concelleiros

A deputada do BNG Rosana Pérez pediulle ao Goberno que lle explicase por que nas pasadas eleccións municipais do mes de maio se emitiron as credenciais de concelleiros só en castelán. O Goberno apuntou que a responsabilidade da exclusión do galego é das xuntas electorais de Galicia.

Fonte: El Diario

Austin acollerá en xaneiro un novo encontro para debater sobre a cultura e a lingua galegas

A Modern Language Association reunirá en Austin (Texas) no mes de xaneiro de 2016 a distintos especialistas de universidades estadounidenses para debater sobre a cultura e a lingua galegas.

Fonte: Galicia Confidencial

O IV Obradoiro de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’ inicia en Pontevedra o seu programa de recitais multilingües

A illa de San Simón, en Redondela, reúne ata o vindeiro 24 de outubro poetas e tradutores e tradutoras procedentes de diversos países que participan este ano no Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, un proxecto pioneiro e único en España que sitúa Galicia no mapa da rede de iniciativas dedicadas ao intercambio entre linguas, poéticas e sistemas literarios.

Fonte: Xunta de Galicia

Pídenlle ao conselleiro de Política Social que actúe no caso de discriminación lingüística dun centro infantil

A Mesa pola Normalización Lingüística e CIG-Ensino solicitáronlle ao conselleiro de Política Social que actúe no caso de discriminación lingüística dunha traballadora do centro infantil coruñés Jungle World.

Fonte: Galicia Hoxe

O Concello de Moaña inicia unha campaña para fomentar o uso do galego nos actos funerarios

No marco da campaña "En galego para sempre" preséntase no consistorio un manual co que se pretende acercarlles ás empresas relacionadas cos actos funerarios propostas para utilizar a lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

A Universidade de Santiago organiza unha ruta xeolóxica por Lugo para reivindicar a ciencia en lingua galega

A ruta xeolóxica polas rúas lucenses “A historia que contan as pedras que pisas” enmárcase no proxecto Proxéctate en Galego e con ela quere conmemorarse o Día da Ciencia en Galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Vilagarcía de Arousa celebra o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

Cada 25 de outubro celébrase o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, unha data coa que se quere promover o uso do galego en necrolóxicas ou lápidas.

Fonte: Faro de Vigo

Galicia recibe unha misión asiática con representantes de trece universidades para promover o turismo idiomático

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, recibiu a misión asiática que visita Galicia nestes días no marco dos cursos internacionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con Turismo de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder