Galicia
Un simposio e un ciclo de conferencias e mesas redondas póñenlle o ramo á programación das Letras Galegas 2015
A Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven a iniciativa ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’, que se realizará os días 10, 11, 24, 26 e 27 de novembro na capital galega e nas cidades da Coruña e de Pontevedra.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Pontevedra organiza un programa de actividades para fomentar o galego na infancia
No marco do proxecto Apego, o Concello de Pontevedra presenta un programa de actividades para levar a cabo nos meses de outono de 2015.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o Premio Abertos ao Galego
Trátase da cuarta edición destes premios que recoñecen o labor de empresas que fan un uso cotián do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha campaña para que TripAdvisor admita opinións escritas en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha unha campaña nas redes sociais co hashtag #EnGalegoOpino para que o portal de viaxes TripAdvisor permita as opinións escritas en lingua galega.
Fonte: Sermos Galiza
A Universidade de Santiago organiza un seminario para fomentar a dinamización lingüística entre o alumnado
Este seminario de dinamización lingüística está dirixido principalmente a estudantes que forman parte das comisións de normalización, representantes do alumnado en órganos de goberno, membros de asociacións estudantís e alumnado interesado.
Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística

A Asociación Cultural O Brado da Estrada deu a coñecer os galardoados dos XXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que recoñecen o labor de persoas e colectivos a prol do fomento da lingua galega. Os premiados nesta edición son o club estradense de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A ordenanza sobre o uso do galego de Cee queda fóra do debate no Pleno da Corporación municipal
A aprobación da ordenanza para o impulso do galego no Concello quedou sen debater no Pleno da Corporación, despois de que fose incluído este tema na orde do día a petición da Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: El Correo Gallego
Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven unha aplicación para persoas con dificultades de comunicación verbal
A aplicación de mensaxería instantánea PictoTalk, desevolvida no marco do proxecto Accegal, está destinada a persoas con dificultades na comunicación verbal, que non poden falar, ler ou escribir, e funciona con pictogramas, que permiten compoñer frases complexas.
Fonte: Universidade de Vigo
O Concello de Cangas modifica os sinais que estaban en castelán para poñelos en galego
A Concellería de Normalización Lingüística solicitou a modificación dos sinais que estaban en castelán para poñelos en galego. Os das instalacións deportivas e os do centro de saúde foron os primeiros en cambiarse.
Fonte: Faro de Vigo
Critican que a Xacopedia, unha nova páxina web sobre a cultura xacobea, estea só en castelán
A directora de Turismo de Galicia presentou unha enciclopedia virtual denominada Xacopedia que, polo momento, só está dispoñible en castelán.
Fonte: Diario de Pontevedra
Boletín
Subscríbase ao boletín