Galicia

Redondela desenvolve un programa de actividades de dinamización lingüística polo Nadal

No Concello de Redondela desenvólvense actividades de carácter lúdico e didáctico para dinamizar o galego ao longo das semanas festivas de Nadal.

Fonte: Consello da Cultura Galega

‘Nadal en Rede’ convida a cidadanía a celebrar as festas en galego nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística

O programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’, que chega nestas datas á súa cuarta edición promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, convida a toda a cidadanía a celebrar as festas de Nadal en galego.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García asiste en Pontecesures a 'Cantos contos de Nadal', no marco das actividades de 'Nadal en Rede' 2015

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á actividade de dinamización lingüística 'Cantos contos de Nadal', que está a chegar da man do coñecido músico Pablo Díaz a 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística no marco do programa 'Nadal en Rede'.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García participa na presentación da versión galega de As Aventuras de Alicia no País das Marabillas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da versión galega de As Aventuras de Alicia no País das Marabillas, de Xavier Queipo.

Fonte: Xunta de Galicia

O Portal das Palabras escolle "refuxiado" como palabra do ano 2015

Refuxiado, cun total de 417 votos, foi a palabra máis destacada do ano 2015.

Fonte: Portal das Palabras

Política Lingüística pecha o ano Filgueira Valverde coa publicación dunha escolma de textos literarios e xornalísticos

Como remate ao ano das Letras Galegas 2015, dedicado a Xosé Filgueira Valverde, o Centro Ramón Piñeiro presentou a Escolma de textos literarios e xornalísticos que supón o número trinta e catro dos Cadernos Ramón Piñeiro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse dun libro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación convoca as axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública no DOG a orde pola que se anunciaba a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización lingüística de colexios e institutos de Galicia, públicos nos dous casos, para o curso escolar 2015/16. O prazo para se presentaren as solicitudes é dun mes contado a partir da publicación da orde.

Fonte: Xunta de Galicia

Betanzos Radio organiza un curso interxeracional de radio co obxectivo de fomentar o galego

A partir do 29 de xaneiro Betanzos Radio levará a cabo un curso interxeracional de radio para promover a lingua galega e crear un punto de encontro entre persoas de diferentes idades.

Fonte: Betanzos

Máis de 3000 persoas participaron nas actividades en xira do programa "Nadal en Rede" da Consellería de Cultura e Educación

A cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’ rematou logo destas dúas semanas de festas nas que tres actividades estiveron en xira por toda Galicia co obxectivo de celebrarmos en galego o tempo de Nadal.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder