Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha campaña para que TripAdvisor admita opinións escritas en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha unha campaña nas redes sociais co hashtag #EnGalegoOpino para que o portal de viaxes TripAdvisor permita as opinións escritas en lingua galega.

Fonte: Sermos Galiza

A Universidade de Santiago organiza un seminario para fomentar a dinamización lingüística entre o alumnado

Este seminario de dinamización lingüística está dirixido principalmente a estudantes que forman parte das comisións de normalización, representantes do alumnado en órganos de goberno, membros de asociacións estudantís e alumnado interesado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Resólvense os Premios San Martiño de Normalización Lingüística

A Asociación Cultural O Brado da Estrada deu a coñecer os galardoados dos XXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que recoñecen o labor de persoas e colectivos a prol do fomento da lingua galega. Os premiados nesta edición son o club estradense de fútbol gaélico Irmandinhos, a cooperativa Feiraco e o catedrático de Dereito Mercantil José Antonio Gómez Segade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A ordenanza sobre o uso do galego de Cee queda fóra do debate no Pleno da Corporación municipal

A aprobación da ordenanza para o impulso do galego no Concello quedou sen debater no Pleno da Corporación, despois de que fose incluído este tema na orde do día a petición da Mesa pola Normalización Lingüística.

Fonte: El Correo Gallego

Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven unha aplicación para persoas con dificultades de comunicación verbal

A aplicación de mensaxería instantánea PictoTalk, desevolvida no marco do proxecto Accegal, está destinada a persoas con dificultades na comunicación verbal, que non poden falar, ler ou escribir, e funciona con pictogramas, que permiten compoñer frases complexas.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello de Cangas modifica os sinais que estaban en castelán para poñelos en galego

A Concellería de Normalización Lingüística solicitou a modificación dos sinais que estaban en castelán para poñelos en galego. Os das instalacións deportivas e os do centro de saúde foron os primeiros en cambiarse.

Fonte: Faro de Vigo

Critican que a Xacopedia, unha nova páxina web sobre a cultura xacobea, estea só en castelán

A directora de Turismo de Galicia presentou unha enciclopedia virtual denominada Xacopedia que, polo momento, só está dispoñible en castelán.

Fonte: Diario de Pontevedra

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

O programa do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas inclúe diferentes actividades (obradoiros científicos, exposicións, charlas divulgativas etc.) desenvolvidas polas bibliotecas públicas nodais e pola Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña organiza un obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego

Este obradoiro enmárcase no proxecto anual de promoción do Festival CinEOI Coruña Curtas, que se celebrará en abril de 2016.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Resólvese o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

O tribunal, reunido o 11 de novembro, decidiu, por unanimidade, concederlles o premio na modalidade Deseño dunha campaña de promoción do galego aos traballos presentados baixo os lemas “Sae do armario” e “Galieditatón. Xornadas universitarias de formación e edición”.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder