Galicia

Preséntase un novo proxecto didáctico en galego destinado á educación infantil

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un novo proxecto didáctico en galego destinado á educación infantil: o libro ilustrado O abecedario.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello da Coruña aumentará os recursos para o servizo municipal de normalización lingüística

Entre as medidas de fomento do galego, o Concello triplicará o persoal e o orzamento para o servizo de normalización lingüística.

Fonte: Agencia Noticias

Convócase o XVI Premio Manuel Beiras que recoñece o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial

Este premio, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio compostelá, ten como obxectivo recoñecer publicamente o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial. Nel recóllense dúas categorías: unha para as empresas que veñen realizando un emprego continuado da lingua galega e outra para as que incorporaron recentemente o seu uso.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ribeira pon en marcha un programa de dinamización lingüística para os meses de outono

O Concello de Ribeira porá en marcha estas actividades en colaboración coa área de Servizos Sociais e os centros educativos do municipio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O grupo Bitraga da Universidade de Vigo presenta un volume no que trata a influencia da tradución na literatura galega

A monografía Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega é unha obra colectiva que recompila dez traballos que analizan o fenómeno da tradución no ámbito literario.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Oito novos bolseiros incorpóranse como investigadores ao Centro Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística visitou os oito novos bolseiros do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

As xornadas ‘Filgueira Valverde’ chegan á capital de Galicia para abordar o papel do intelectual en diversas institucións

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron na capital de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Celébrase unha gala para reclamar o recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués

Ponte... nas Ondas! inclúe na Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa unha gala especial para reivindicar o recoñecemento pendente para o patrimonio inmaterial galego-portugués.

Fonte: Culturagalega.org

Segundo un informe, no 75 % dos centros de Educación Infantil das urbes non se usa o galego ou a súa presenza é reducida

Segundo un estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística no 40 % dos centros de Educación Infantil das cidades non se usa nunca o galego e só no 5 % se utiliza maioritariamente.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta de Galicia participa na IX Xornada ‘Xustiza e Lingua’, centrada na extensión do uso do galego na Administración xudicial

A extensión do uso do galego no ámbito xurídico centra a novena edición da xornada ‘Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización’, unha iniciativa que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e que se celebrou no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (ICA).

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder