Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón en Dodro
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que na súa XXVIII edición recaeu en Xerardo Quintiá pola súa obra Fornelos&Fornelos, Segunda Fundación.
Fonte: Xunta de Galicia
O galego é unha das sete linguas presentes no Vocabulario panlatino de sistemas de transporte intelixentes

O Vocabulario panlatino de sistemas de transporte intelixentes compila 267 termos relacionados co ámbito dos transportes, coas súas equivalencias en sete linguas (galego, castelán, catalán, francés, inglés, italiano e portugués). A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa e a Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter) foron os encargados da realización deste traballo terminolóxico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Santiago Lamas e Alfonso Mato gañan o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
A obra De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo, da que son autores Alfonso Mato e Santiago Lamas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015.
Fonte: Xunta de Galicia
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística rexeita o Premio da Cultura Galega de Lingua 2015
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística emitiu un comunicado para informar da súa renuncia ao Premio da Cultura polo seu labor a prol do galego.
Fonte: Culturagalega.org
Solicitan colaboración para que as buscas na biblioteca dixital europea Europeana se poidan realizar en galego
A biblioteca dixital europea Europeana busca conseguir unha maior presenza do galego para que sexa posible facer buscas nesta lingua no repositorio.
Fonte: Código Cero
A toponimia e a lingua formarán parte esencial do patrimonio cultural inmaterial na nova lei autonómica

A nova Lei do patrimonio cultural inclúe dúas novidades significativas respecto da vixente: a regulación nun título específico do patrimonio inmaterial, cun tratamento diferenciado para a lingua galega e a toponimia; e a inclusión de novas perspectivas de protección patrimoniais non desenvoltas con anterioridade, tales como o patrimonio subacuático, o industrial e o científico e técnico.
Fonte: Xunta de Galicia
A Axencia Galega das Industrias Culturais destina axudas á creación de obras audiovisuais en galego
Para o ano 2016 a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) subvencionará a creación de obras audiovisuais en versión orixinal en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Silleda busca fomentar o galego no Nadal a través do programa Silledaagasalla
Por segundo ano consecutivo, a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Silleda desenvolve o programa Silledagasalla para fomentar o uso do galego no ámbito do comercio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Redondela desenvolve un programa de actividades de dinamización lingüística polo Nadal
No Concello de Redondela desenvólvense actividades de carácter lúdico e didáctico para dinamizar o galego ao longo das semanas festivas de Nadal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
‘Nadal en Rede’ convida a cidadanía a celebrar as festas en galego nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística
O programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’, que chega nestas datas á súa cuarta edición promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, convida a toda a cidadanía a celebrar as festas de Nadal en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín