Galicia

O Portal das Palabras escolle "refuxiado" como palabra do ano 2015

Refuxiado, cun total de 417 votos, foi a palabra máis destacada do ano 2015.

Fonte: Portal das Palabras

Política Lingüística pecha o ano Filgueira Valverde coa publicación dunha escolma de textos literarios e xornalísticos

Como remate ao ano das Letras Galegas 2015, dedicado a Xosé Filgueira Valverde, o Centro Ramón Piñeiro presentou a Escolma de textos literarios e xornalísticos que supón o número trinta e catro dos Cadernos Ramón Piñeiro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse dun libro.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación convoca as axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública no DOG a orde pola que se anunciaba a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización lingüística de colexios e institutos de Galicia, públicos nos dous casos, para o curso escolar 2015/16. O prazo para se presentaren as solicitudes é dun mes contado a partir da publicación da orde.

Fonte: Xunta de Galicia

Betanzos Radio organiza un curso interxeracional de radio co obxectivo de fomentar o galego

A partir do 29 de xaneiro Betanzos Radio levará a cabo un curso interxeracional de radio para promover a lingua galega e crear un punto de encontro entre persoas de diferentes idades.

Fonte: Betanzos

Máis de 3000 persoas participaron nas actividades en xira do programa "Nadal en Rede" da Consellería de Cultura e Educación

A cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’ rematou logo destas dúas semanas de festas nas que tres actividades estiveron en xira por toda Galicia co obxectivo de celebrarmos en galego o tempo de Nadal.

Fonte: Xunta de Galicia

Redondela acolle un ano máis o seu festival de monólogos en lingua galega Lareta

Por cuarto ano, Redondela organiza o Lareta 2016, un festival de monólogos cuxo protagonista é o galego.

Fonte: SNL de Redondela

Denuncian a exclusión da lingua galega por parte do CSIC nas súas comunicacións

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dependente do Ministerio de Economía, e que en Galicia conta cunha delegación e cinco centros, exclúe o galego en case todas as súas comunicacións.

Fonte: Praza Pública

A Deputación da Coruña organiza o concurso musical infantil en galego "Quero Cantar"

Xa está aberto o prazo de inscrición para presentarse ao primeiro concurso musical infantil en galego "Quero Cantar"

Fonte: Galicia Confidencial

Ponse en marcha Lermos.gal, unha revista en liña dedicada á literatura en lingua galega

Os responsables do proxecto Lermos.gal son Xosé Duncan, Alex Bayorti e Martinho Terrafria, unha iniciativa que pretende converterse nun punto de encontro da literatura feita en galego.

Fonte: Culturagalega.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder