Galicia

Valentín García participa en Santiago na apertura da exposición 'Celebrando a Manuel María'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Rosalía de Castro na apertura da exposición 'Celebrando a Manuel María'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O titular da Xunta preside a sesión plenaria da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2016.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez salienta o carácter integrador da actividade das Irmandades da Fala na defensa da lingua galega

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, salientou o carácter integrador da actividade que realizaron as Irmandades da Fala na defensa “da nosa lingua e cultura sen excluír a ninguén. Sendo integradores, aproveitando o que une a todos os galegos, en lugar de centrarse nas diferenzas”, explicou.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Corporación Radio e Televisión de Galicia gaña o premio á mellor conta de Twitter en galego

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) resultou premiada pola iniciativa Twitter en Galego pola promoción e bo uso da lingua galega nesta rede social a través da conta @crtvg. As outras dúas contas finalistas nesta segunda edición do premio foron @quenchedera e @cantoghalpon.

Fonte: Galicia Confidencial

Valentín García asiste ao acto co que a Solaina de Piloño conmemora as Letras Galegas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na sede da Fundación Casa-Museo A Solaina de Piloño ao acto co que esta entidade conmemora as Letras Galegas 2016 en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O ‘FalaRedes’ fai parada esta fin de semana en Ponteceso, A Cañiza, Dodro, Cambados, Ferrol e Cotobade

A Consellería de Cultura e Educación leva esta fin de semana aos concellos de Ponteceso, A Cañiza, Dodro, Cambados, Ferrol e Cotobade as propostas de dinamización lingüística do programa 'FalaRedes'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Padrón acolle a celebración da Festa da Lingua

Na Festa da Lingua participan os centros educativos da vila que presentarán diferentes manifestacións artísticas relacionadas coa defensa da lingua galega.

Fonte: El Correo Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística leva ao Festival de Cine de Cans os gañadores do concurso 'Nós tamén creamos!’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o Festival de Cans cun grupo de 50 alumnos e alumnas do CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra), un dos centros gañadores da pasada edición do certame audiovisual de dinamización lingüística “Nós tamén creamos!” coa súa curta de animación 'A min non me comas'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García presenta no Porriño o I Certame Literario de Relato Curto Manuel Otero Saavedra

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación co I Certame Literario de Relato Curto Manuel Otero Saavedra, unha iniciativa da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián do Porriño que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola entregan os premios do 8º Concurso Novos Talentos de Relato Curto

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola Iberians Partners entregaron os premios da 8ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto, unha iniciativa que convocan conxuntamente no marco do seu acordo de colaboración cos obxectivos de promover as destrezas lingüísticas de expresión e comprensión escrita do galego e de incentivar a creatividade da mocidade na lingua propia de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder