Galicia

O premio San Clemente Rosalía-Abanca traerá á capital galega a Quiroga, Mesa e Lemaitre

O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca traerá ata a capital galega o vindeiro 21 de marzo a Xavier Quiroga, Sara Mesa e Pierre Lemaitre, gañadores da XXII edición deste galardón que promove a compostelá Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais con Abanca.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago pon en marcha unha nova edición do concurso de subtitulación de vídeos TED da área de saúde ao galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia, debido á escaseza de contidos divulgativos científicos en galego, convoca o concurso #TEDSaúde de subtitulación de vídeos TED (do inglés, Technology, Entertainment, Design) da área da saúde a esta lingua.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Editorial Galaxia pon en marcha unha iniciativa para fomentar a lectura en galego entre os adolescentes

O concurso, denominado Reto Lector, está destinado a mozas e mozos de entre 12 e 16 anos, que terán que enviar por correo electrónico dous vídeos nos que falen da lectura de dous libros da Editorial Galaxia.

Fonte: Editorial Galaxia

‘A galiña azul’ do FalaRedes fai parada no Barco de Valdeorras, en Carral e en Oleiros

Os concellos do Barco de Valdeorras, Carral e Oleiros acollerán esta fin de semana as actividades do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaria Xeral de Política Lingüística, nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sete novos concellos formalizan a súa participación no proxecto Apego de socialización da infancia en galego

Nigrán acolle un acto en que sete novos concellos (O Carballiño, Cee, Lugo, Nigrán, Ponteareas, Sada e Vilagarcía de Arousa) entrarán a formar parte do proxecto Apego, que alcanza así os 30 municipios.

Fonte: Galicia Confidencial

A Mesa pola Normalización Lingüística inicia unha recollida de sinaturas a prol dos dereitos lingüísticos no eido socioeconómico

A Mesa pola Normalización Lingüística inicia esta campaña en dúas citas deportivas, o partido entre Celta e Deportivo e o Campionato de Billarda, nas que recollerá sinaturas de apoio á iniciativa lexislativa popular de medidas que garantan os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Fonte: Sermos Galiza

Convócanse subvencións para publicacións periódicas escritas en lingua galega

A Xunta de Galicia convocou as axudas para o ano 2017 dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta licita os traballos de normalización das bases de datos das entidades de poboación e a toponimia cartográfica de Galicia

O obxectivo desta tarefa é mellorar a xeorreferenciación de cada unha das entidades de poboación de Galicia almacenadas na base de datos de entidades de poboación e localizar os asentamentos que non dispoñen de coordenadas.

Fonte: Xunta de Galicia

Xa está aberta a convocatoria dunha nova edición do Premio de Poesía Afundación en apoio á creación literaria en galego

Co obxectivo dar impulso á creación literaria en lingua galega, Afundación, a Consellería de Cultura e o Centro Pen Galicia convocan un ano máis o Premio de Poesía Afundación 2017.

Fonte: El Ideal Gallego

Cultura e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega renovarán a súa colaboración

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, comunicoulle ao presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a súa vontade de renovar a colaboración que ambas as dúas entidades veñen mantendo para apoiar a actividade desta asociación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder