Galicia
Arrinca en Santiago o V Encontro de Profesores e Estudantes de Catalán no Exterior
A capital de Galicia convértese ata o 7 de abril no primeiro escenario da península Ibérica no que se realiza o Encontro Internacional de Profesores e de Estudantes de Catalán no Exterior, unha iniciativa que se enmarca na rede universitaria Ramon Llull de estudos cataláns no exterior.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Internacionalización, cultura dixital e Lei do patrimonio, fitos claves na actividade cultural da Xunta durante 2016
Román Rodríguez destacou na presentación da Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2016 que durante o pasado ano Galicia avanzou na internacionalización da nosa cultura e patrimonio, con fitos como a Feira do Libro de Bos Aires ou o Womex16; no ámbito da integración das novas tecnoloxías nos arquivos e bibliotecas de Galicia e na renovación do noso marco legal no eido do patrimonio cultural.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Conversas en empresariais' afonda no compromiso e no valor da lingua galega na actividade empresarial
O encontro ‘Conversas en Empresariais’ afondou na Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo no compromiso e no valor da lingua galega na actividade empresarial e no uso e promoción da lingua propia de Galicia no sector socioeconómico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Tic Tac Toc’ e ‘A galiña azul’ fan parada en Boqueixón e en Baiona esta fin de semana no ‘FalaRedes’
O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parte da súa Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos concellos de Baiona e Boqueixón.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Só o 13% das teses lidas na Universidade de Santiago de Compostela en 2016 estaba en galego
No 2016 léronse 427 teses de doutoramento na Universidade de Santiago, das cales o 59% estaba en español; o 20%, en inglés; o 13%, en galego; e o 7%, en portugués.
Fonte: O Cartafol Dixital
Ponse en marcha unha campaña de apoio a mozas e mozos neofalantes
A campaña 'Rebélate. Fala galego', impulsada polo BNG, ten como obxectivo proporcionarlles ferramentas ás mozas e aos mozos que deciden cambiar o español polo galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Ferrol acolle un ano máis o festival musical “A mocidade coa lingua 2017”
Unha nova edición do festival musical “A mocidade coa lingua 2017” chega a Ferrol, unha iniciativa na que a música en galego é a protagonista.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Vigo lanza unha plataforma para impulsar a docencia en inglés
A plataforma web Emilab pretende impulsar a docencia en inglés a través do apoio ao profesorado e aos investigadores na elaboración dos seus traballos na devandita lingua.
Fonte: Universidade de Vigo
Valentín García clausura o V Encontro de profesores e estudantes de catalán no exterior
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou no Consello da Cultura Galega o V Encontro de profesores e estudantes de catalán no exterior.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago de Compostela celebra unha nova edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos
A terceira edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos celebrouse na Facultade de Filoloxía e nela participaron 52 alumnos na proba de grego e 67 na de latín.
Boletín
Subscríbase ao boletín