Galicia
A Real Academia Galega estuda unha petición para incluír a palabra "furancho" no seu dicionario
A palabra ‘furancho’ non figura no dicionario da Real Academia Galega, nin na súa versión escrita ni na electrónica, unha situación que podería cambiar se se acepta a petición para que se recoñeza oficialmente este termo.
Fonte: Faro de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística participa no lanzamento da nova web arigal.gal
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación do novo web da Asociación Galega de Áridos-ARIGAL.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un grupo de estudantes solicita a exención das probas de lingua galega nos exames de acceso á universidade
Estes estudantes entregaron arredor de 2000 sinaturas para solicitar unha moratoria na proba de lingua galega da nova selectividade, a ABAU.
Fonte: Galicia Hoxe
A versión en galego de ‘Martes de Carnaval’ sube por primeira vez a escena da man do CDG
O Café Bar Derby de Santiago, un dos lugares frecuentados por Ramón María del Valle-Inclán durante a súa estadía en Compostela, acolleu a presentación de Martes de Carnaval, a produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 20, ás 21.00 horas, na súa sede do compostelán Salón Teatro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase a edición de 2017 do Correlingua
Esta nova edición do Correlingua, que terá como lema ‘En galego, sen cancelas’, comezará o vindeiro 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará o 16 na Estrada.
Fonte: Sermos Galiza
Mondoñedo reunirá un coro de nenos e nenas para homenaxear os poetas locais
O concello de Mondoñedo acolleu a presentación da nova edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega e pola Consellería de Cultura e Educación que este ano reunirá no municipio lucense alumnos e alumnas dos conservatorios profesionais de música de toda Galicia para cantar os poetas locais.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os dereitos da cidadanía centran os Encontros para a Normalización Lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no compostelán Pazo de Raxoi, onde se atopa a sede do Consello da Cultura Galega (CCG), os XIX Encontros para a Normalización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Eva Veiga e Isaac Xubín convértense nos gañadores dos Premios da Crítica Española en galego
A Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) deu a coñecer os seus tradicionais premios, que na categoría de obras en galego recaeron en Eva Veiga en Poesía, polo seu poemario Soño e Vértice, e Isaac Xubín en narrativa por Non hai outro camiño.
Fonte: Cuturagalega.org
Máis de 200 escolares celebran na Insua dos Poetas o Día da Auga, da Árbore e da Poesía
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou a canda máis de 200 escolares de oito centros educativos da contorna na celebración do Día da Árbore, da Auga e da Poesía que se desenvolveu na Insua dos Poetas, na Esgueva, Madarnás.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación de 'Contos de Mesopotamia'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do volume Contos de Mesopotania de Ánxel Fole.
Fonte: O Portal da Lingüística
Boletín
Subscríbase ao boletín