Galicia
O Dicionario da Real Academia Galega permite a busca directa de palabras polo feminino
Xa é posible buscar no dicionario en liña da Real Academia Galega (RAG) as palabras directamente con variación xenérica pola forma en feminino, tanto na páxina web da RAG como do Portal das Palabras.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Santiago de Compostela convoca "Enreguéifate", un certame de improvisación oral en galego
O certame de regueifas en vídeo "Enreguéifate" ten como obxectivo fomentar este tipo de improvisación oral en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Nace Ouve!, unha nova publicación en lingua galega dedicada á actualidade musical
Ouve! Fanzine de música en galego é unha publicación trimestral en papel, gratuíta e editada en lingua galega. Está centrada en temas de actualidade musical, como artistas, eventos, entrevistas, recensións etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O fomento do galego é para a Corporación Radio e Televisión de Galicia un dos piares centrais da súa política de RSC
O director xeral do ente público subliñou en comisión parlamentaria que o fomento do uso do galego, principalmente entre o público infantil e xuvenil, é un dos piares centrais na súa política de responsabilidade social corporativa.
Fonte: Galicia Hoxe
Valentín García participa na homenaxe do colectivo Galeguizar Galicia a Xosé González Martínez
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Xosé González Martínez, organizado polo colectivo Galeguizar Galicia, con motivo da súa xubilación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores cunha categoría dedicada á promoción da lingua galega

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con UNINOVA, convoca o XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores, un certame que conta con diferentes modalidades, entre as que se inclúe o “Premio á promoción da lingua galega”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vigo organiza un obradoiro de improvisación oral en verso
Este obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa) está destinado a docentes de Lingua Galega de Educación Primaria e Secundaria coa finalidade de ensinarlles este recurso lúdico e didáctico para fomentar o uso oral do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As feiras do libro de Galicia 2017 botan a andar en Verín
As Feiras do Libro de Galicia 2017 inician en Verín un percorrido que as levará por 16 concellos das catro provincias galegas, dous máis que o pasado ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para entidades que leven a cabo actividades de dinamización lingüística
Estas axudas están destinadas a entidades culturais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan actividades de dinamización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha concentración ante o xulgado de Corcubión polo dereito a galeguizar os nomes e os apelidos
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha mobilización fronte ao Rexistro Civil de Corcubión como protesta ante a súa negativa a cambiarlle o apelido "Rey" por "Rei" a unha estudante, malia que a legalidade ampara a súa solicitude.
Fonte: El Progreso
Boletín
Subscríbase ao boletín