Galicia
A exposición central das Letras Galegas 2017 abre as súas portas no Concello de Ribeira
A exposición Os mundos de Carlos Casares abre as súas portas en Ribeira, onde permanecerá ata o próximo 3 de setembro no auditorio municipal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca os XXIV premios de publicidade en galego en colaboración co Parlamento e co Foro Peinador

A Xunta de Galicia, en colaboración co Parlamento galego e co Foro Enrique Peinador, convoca a XXIV edición dos Premios de Publicidade en Galego, uns galardóns que teñen como fin promover a publicidade en lingua galega en catro categorías: radio, televisión, internet e prensa escrita, en consonancia cos obxectivos establecidos neste ámbito polo Plan xeral de normalización da lingua galega (2004) e polo Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico (2016).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Ames puntuará o uso do galego na contratación de publicidade
O Concello de Ames presentou as bases para a contratación de publicidade institucional para regular o investimento municipal neste ámbito. A utilización do galego sitúase entre os criterios que se terán en conta na elección.
Fonte: Sermos Galiza
A Deputación de Ourense convocará un premio de teatro infantil e xuvenil en lingua galega
Este novo premio de teatro infantil e xuvenil en galego levará o nome do escritor Carlos Casares, a proposta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix).
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Baltar réndelle tributo a Olimpia Valencia, primeira médica galega
O concello ourensán de Baltar, lugar de nacemento de Olimpia Valencia, primeira muller galega licenciada e doutorada en Medicina, acolleu unha homenaxe a esta pioneira.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no Carballiño na apertura de Retratos documentados
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da mostra Retratos documentados, de José Luis Abalo, e mais da presentación do catálogo expositivo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preto de 800 rapaces de estadía nos campamentos participan en xullo no programa 'O galego campa!'
Un total de 780 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, participaron ao longo deste mes no programa de dinamización lingüística O galego campa!
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Política Lingüística resolve as axudas ás entidades locais con 116 concellos beneficiarios
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de xullo de 2017 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García acompaña a Xavier Queipo no 'Tac, Tac Tac' da Numax
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Xavier Queipo na sesión que ofreceu no marco da actividade literaria 'Tac, Tac, Tac' que organiza a sala compostelá Numax.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Política Lingüística convoca oito bolsas de formación en proxectos de investigación do Ramón Piñeiro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín