Galicia
Xa está dispoñible en galego a versión 5.4 de LibreOffice
A versión 5.4 de LibreOffice, a suite ofimática de licenza aberta, xa está dispoñible e en lingua galega, un lanzamento que incorpora melloras e novidades importantes.
Fonte: Código Cero
Radio Televisión Española recortou un 75 % o investimento para cinema en galego
RTVE ten a obriga de investir o 5% dos seus ingresos na produción de filmes e series, dos que o 60% debe destinarse a contidos realizados nalgunha lingua oficial do Estado, unha norma que se incumpre, principalmente, no referido aos idiomas diferentes do castelán.
Fonte: Praza Pública
‘O Galego Campa!’ levará as súas propostas dinamizadoras a sete campamentos xuvenís en agosto
O programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’ levará durante o mes de agosto as súas propostas a sete novas estadías en campamentos de titularidade da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 12 ciclos de FP introducirán o plurilingüismo por primeira vez o próximo curso
Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o próximo curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Trap en galego, pop bizarro e garage punk festeiro para musicar o Atardecer no Gaiás desta semana
Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Cedeira pon en marcha un programa para fomentar o uso do galego na hostalería
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira pon en marcha o programa “Ole que arrecende, sabe que esmecha!”, unha iniciativa coa que pretende impulsar o uso do galego no sector hostaleiro.
Fonte: Diario de Ferrol
Un novo proxecto recompilará a microtoponimia de todo o territorio galego

O Proxecto Toponimia Galega pretende rescatar dous millóns de topónimos nun territorio, o galego, que concentra a metade das entidades de poboación de toda España. Na actualidade existe un nomenclátor, sancionado pola Xunta, que recolle case 41 500 nomes de lugar (toponimia maior) e que se completará agora coa recollida de microtoponimia.
Fonte: La Voz de Galicia
O secretario xeral de Política Lingüística participa no X Festival de Artes Escénicas de Riós
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no X Festival de Artes Escénicas de Riós, que tivo lugar na localidade ourensá.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ducias de nenos e nenas participan nun programa de dinamización lingüística organizado polo Concello de Santiago
A iniciativa "Territorio Xogantín", na que xa participaron ducias de nenos e nenas, ten un dobre obxectivo: axudar a que os máis pequenos socialicen en galego e ofrecer unha alternativa de lecer para os que fican en Compostela no mes de agosto.
Política Lingüística resolve as axudas á edición de materiais didácticos para impulsar o galego nas aulas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fai pública no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 3 de agosto pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 10 de maio de 2017.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín