Galicia

O BNG pon en marcha unha iniciativa para animar a mocidade a converterse no motor da recuperación da lingua galega

O Bloque Nacionalista Galego puxo en marcha unha campaña que ten como lema 'Aos prexuízos bótalles a lingua' para animar a xente nova a ser o motor da recuperación do idioma.

Fonte: Galicia Hoxe

O IES Carlos Casares de Vigo recibe o premio Concurso-Exposición Letras Galegas 2017

O IES Carlos Casares de Vigo recibiu de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, o premio Concurso-Exposición Letras Galegas 2017 na modalidade de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas Especiais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Alumnado de galego no Bierzo e Sanabria visita Galicia para achegarse á lingua e á cultura galegas

Un grupo de 149 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, e 11 profesores e profesoras de 12 dos 18 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León rematan a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova exposición do programa galego-portugués Nortear reivindica a liberdade da palabra

O valor da palabra e da expresión creativa é o fío condutor de Libertas, o novo proxecto expositivo que ve a luz no programa Nortear para o intercambio cultural entre Portugal e Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez e José Manuel Rey entregan os premios do certame Lingua de namorar

Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Chega a segunda edición do concurso StarGal para demostrar que o galego e as TIC poden ir da man

A competición StarGal, que este ano alcanza a súa segunda edición, está dirixida aos centros de ensino de Galicia e ten como obxectivo demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man.

Fonte: Praza Pública

Uxía Senlle, Villares, Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, a Barrié e Concha Blanco reciben os Premios Bos e Xenerosos

A artista Uxía Senlle, o académico e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron en Ponteceso os Premios Bos e Xenerosos 2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Pablo Díaz pecha a súa xira no FalaRedes 2017 cunha gran festa da lingua no Auditorio de Galicia

A actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’ do programa FalaRedes, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística programa en colaboración cos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, completará este mesmo sábado, 20 de maio, o seu percorrido por un total de 19 localidades.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CDG e Talía Teatro celebran o Día das Letras Galegas coa estrea en Santiago de ‘Os mortos daquel verán’

O Centro Dramático Galego (CDG) celebra o Día das Letras Galegas no Salón Teatro de Santiago levando ás táboas a novela de Carlos Casares Os mortos daquel verán, nunha aproximación escénica que coproduce coa compañía Talía Teatro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A primeira tradución ao inglés de ‘Ilustrísima’ difunde a obra de Carlos Casares no ámbito internacional

A semana das Letras Galegas comezou na Cidade da Cultura coa presentación da tradución ao inglés da obra Ilustrísima, de Carlos Casares, que acaba de ver a luz na colección Galician Classics.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder