Galicia

Xubín, Asorey e Monteagudo, finalistas galegos da XXIII edición do premio San Clemente Rosalía-Abanca

Isaac Xubín, Daniel Asorey e Xosé Monteagudo son os finalistas galegos da XXIII edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, polas obras Non hai outro camiño (Editorial Xerais), Nordeste (Editorial Galaxia) e Todo canto fomos (Editorial Galaxia), respectivamente.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago organiza un certame de música para fomentar a escritura de letras de cancións en galego

O I Certame de música galega da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo fomentar a escritura de letras de cancións en galego e a creatividade por parte da mocidade universitaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa no acto institucional das Letras Galegas no concello de Ourense

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe a Carlos Casares que organizou o Concello de Ourense con motivo da celebración das Letras Galegas 2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O titular da Xunta preside en Xinzo de Limia a sesión plenaria da RAG con motivo do Día das Letras Galegas

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu en Xinzo de Limia a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha manifestación percorre as rúas de Santiago de Compostela para reclamar o dereito a vivir en galego

Co gallo do Día das Letras Galegas, miles de persoas manifestáronse en Santiago de Compostela, convocadas pola plataforma Queremos Galego, para reclamar e defender o seu dereito a vivir en galego "sen restricións".

Fonte: Galicia Confidencial

López-Chaves participa nos actos de celebración do Día das Letras Galegas no centro sociocomunitario de Coia

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou nos actos de celebración organizados polo centro sociocomunitario de Coia co gallo do Día das Letras Galegas de 2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa no acto institucional das Letras Galegas do Concello de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, na Praza Carlos Casares Mouriño de San Lázaro, no acto institucional organizado polo Concello de Santiago de Compostela con motivo do Día das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Segundo un estudo da Universidade de Santiago de Compostela, as redes sociais axudan á coexistencia de linguas

Un estudo realizado por físicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e baseado en comprobacións matemáticas mostra que as redes sociais axudan á coexistencia das linguas. Estes investigadores analizaron, a través de modelos matemáticos, o efecto das relacións sociais sobre as dinámicas de poboacións, con especial atención á coexistencia de idiomas e ao feito de que os falantes están conectados mediante redes sociais de comunicación.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Presentan o sitio web Velaquí, un servizo en galego para o intercambio gratuíto de arquivos

A Asociación PuntoGal e a empresa Dinahosting presentan o sitio web Velaquí, un servizo en galego que permite o intercambio gratuíto de arquivos en varios formatos de ata 2GB entre usuarias/os.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Este premio, organizado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, busca fomentar a reflexión e a dinamización lingüísticas no ámbito universitario.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder