Galicia

Resólvense os XII Premios á calidade lingüística dos traballos académicos da Universidade de Santiago de Compostela

Os Premios á calidade lingüística teñen como obxectivo promover entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Os traballos premiados recibirán 150 euros e un diploma acreditativo.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O III Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil afonda no teatro e nas súas potencialidades na infancia

O III Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, unha iniciativa formativa na que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELGA), afondará no teatro e nas súas potencialidades na educación infantil ao longo de seis sesións que se desenvolverán ata o vindeiro 7 de novembro na cidade de Ourense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Antonio García Teijeiro gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil cun libro de poemas escrito en galego

Antonio García Teijeiro acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura co libro de poesía en galego Poemar o mar.

Fonte: Culturagalega.org

Neira Cruz gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘O sono das sereas’

O escritor compostelán e xornalista Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co XI Premio de Narrativa Breve Repsol -que promoven conxuntamente a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Fundación Repsol- coa obra O soño das sereas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Aumenta a edición de banda deseñada en lingua galega

O informe sobre a situación da industria do cómic en España durante 2016 constata o incremento da edición en galego, que o pasado ano alcanzou a cifra de 25 títulos.

Fonte: Culturagalega.org

Convócase o Premio a proxectos de webseries en galego

O Festival Carballo Interplay convoca o Premio a proxectos de webseries en galego, un galardón co que se pretende impulsar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega na rede.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O pergamiño Vindel xa está en Galicia

O pergamiño Vindel xa está nas dependencias do Museo do Mar en Vigo, onde permanecerá ata marzo de 2018 nunha exposición que dará comezo o 10 de outubro.

Fonte: La Voz de Galicia

Pelerinaxes pon en valor a riqueza patrimonial galega e achégalla á rapazada da man da Xeración Nós

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no ourensán IES de Vilamarín a unha das charlas interactivas arredor do filme Pelerinaxes, inspirado na obra homónima de Ramón Otero Pedrayo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Triacastela, Quiroga e Rianxo programan esta fin de semana ‘De Chispa a Tatá’ da man do FalaRedes

O FalaRedes, o programa que impulsa a Xunta de Galicia -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos municipios de Triacastela, Quiroga e Rianxo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega fomentarán a edición en galego

A Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) van colaborar na promoción do uso do galego, especialmente no que respecta á produción literaria neste idioma.

Fonte: ABC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder