Mundo

Celébrase unha manifestación en defensa do provenzal

Centenas de manifestantes demandaron que o proxecto de lei sobre as linguas rexionais de Francia recoñeza o provenzal, en lugar de consideralo un simple dialecto dunha lingua occitana estandarizada.

Fonte: EiTB

Facebook xa está dispoñible en latín

Segundo anuncia o blog de Facebook, xa podes visualizar a rede social en latín que pasa de ser considerada unha lingua morta a converterse en materia viva para quen queira cambiar o seu perfil de usuario.

Fonte: Qué

Flandes quere vincular máis a aprendizaxe do neerlandés e a integración das persoas estranxeiras

O ministro flamengo de Integración pretende darlle ao coñecemento do neerlandés un lugar máis destacado na política de integración na rexión das persoas estranxeiras.

Fonte: RTL Info

Arranca en México a campaña "Os dereitos lingüísticos dos nenos"

Posto que México se encontra entre os dez países do mundo con maior número de linguas maternas faladas nun mesmo territorio, Fernando Nava, director do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), anunciou o inicio da campaña "Os dereitos lingüísticos dos nenos".

Fonte: El Imparcial

A televisión turca TRT anuncia para 2010 a súa emisión en varios idiomas

Tras a posta en marcha de TRT 6 en lingua kurda, a televisión pública TRT ten a intención de transmitir a súa programación en árabe e francés no ano 2010 e incorporar posteriormente tamén o inglés.

Fonte: SatCesc

O ex-presidente francés Jacques Chirac lanza un sitio web para preservar as linguas do mundo

O ex-presidente de Francia Jacques Chirac presentou a súa fundación para a conservación das linguas raras, co obxectivo de producir filmes e lanzar un sitio web en internet para informar sobre as cerca de 6 mil linguas actualmente faladas en todo o mundo.

Fonte: O Globo

A Xustiza do estado brasileiro de Paraná suspende a lei sobre palabras estranxeiras

A Xustiza de Paraná suspendeu a lei estatal que prohibía o uso de palabras estranxeiras en anuncios de publicidade sen a debida tradución ao portugués.

Fonte: Diário do Pará

A rexión peruana de Loreto promove unha ordenanza para salvar linguas indíxenas

O goberno rexional de Loreto informou de que se prepara unha ordenanza rexional para oficializar, preservar e revalorizar as linguas indíxenas desta parte da Amazonía peruana, que serían máis de 40, doce das cales estarían en perigo de extinción.

Fonte: GN Noticias

Escocia sela un acordo sobre o uso da lingua gaélica na UE

Non hai plans para que o gaélico sexa a 24.ª lingua "oficial" de Europa, pero a partir de agora os falantes de gaélico escocés poderán dirixirse por escrito ás institucións europeas na súa lingua materna e recibir a resposta nesa lingua. Os ministros escoceses poderán tamén falar gaélico escocés nas reunións con outros ministros europeos e con representantes rexionais.

Fonte: Herald Scotland

O Novo Partido Democrático defende os dereitos lingüísticos do francés en Quebec

O Novo Partido Democrático está tentando erixirse no defensor dos dereitos lingüísticos do francés en Quebec. O vicepresidente do partido, Thomas Mulcair, presentou unha proposición de lei privada que introduciría unha emenda no Código do Traballo Canadense para garantir que tanto as institucións federais coma as empresas que desenvolven a súa actividade en Quebec estean obrigadas a darlle prioridade ao francés como lingua de traballo.

Fonte: Edmonton Sun

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder