Mundo

Lanzan unha campaña en Xangai para promover o mandarín fronte ao dialecto local

A cidade de Xangai lanzou unha campaña para impulsar o uso do mandarín fronte ao dialecto local, moi estendido na metrópole, de cara á Exposición Universal de 2010, na que se espera a 70 millóns de visitantes, a maioría chineses doutras provincias.

Fonte: Finanzas

O Goberno de Canadá investirá 7,7 millóns de dólares en conseguir uns Xogos Olímpicos bilingües

O Goberno federal canadense investirá 7,7 millóns de dólares na mellora dos servizos arredor da lingua francesa coa finalidade de propoñer uns Xogos Olímpicos perfectamente bilingües.

Fonte: Toutleski.com

Segundo un estudo, os flamengos son máis sensibles ás leis lingüísticas que os francófonos

Un habitante flamengo de cada tres das comunidades da periferia de Bruxelas móstrase preocupado polo emprego doutras linguas diferentes do neerlandés nos espazos públicos do seu municipio, revela un estudo realizado pola Vrije Universiteit Brussel.

Fonte: RTL Info.be

Aumentan os falantes de linguas indíxenas nas grandes cidades de México

Os falantes de linguas indíxenas mexicanas aumentaron a súa presenza nas grandes cidades do país, explicou a antropóloga Regina Martínez Casas nun foro organizado polo Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH).

Fonte: EFE

O Instituto Goethe pon de relevo o plurilingüismo

O Instituto Goethe, dedicado á lingua e á cultura alemás, continúa promovendo a sensibilización acerca da importancia do plurilingüismo. Os expertos afirman que a falta de coñecemento de linguas estranxeiras en Europa está a prexudicar a economía.

Fonte: DW-World

Especialistas indíxenas desenvolven en Venezuela un software para linguas autóctonas

Especialistas indíxenas desenvolveron un software libre para xerar deseños propios nas linguas dos pobos autóctonos, informou a Rede Nacional de Voceiros Comunitarios Indíxenas de Venezuela (RENAVIVE).

Fonte: El Patagónico

A ministra de Educación de Irlanda do Norte esixe unha lei da lingua irlandesa

A ministra de Educación de Irlanda do Norte advertiu que a lingua irlandesa precisa ser consagrada nunha lei. Caitriona Ruane salientou a falta dunha lei da lingua irlandesa tras unha xuntanza cun comité europeo que analiza a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Fonte: Belfast Telegraph

O Tribunal Supremo ruso ordénalle a Tartaristán que cambie a lei de linguas

O Parlamento de Tartaristán está a considerar emendas á lei sobre as súas linguas nacionais despois de que o Tribunal Supremo lle ordenase ao Goberno tártaro a harmonización da lei coa lexislación federal rusa.

Fonte: RFERL

O portugués é a segunda lingua máis usada no Twitter

Os investigadores do Web Ecology Project realizaron unha análise para identificar as linguas máis usadas no Twitter. A lingua portuguesa quedou no segundo lugar, só por detrás do inglés.

Fonte: IOL

A Unión Europea precisa intérpretes de lingua francesa

A Unión Europea fai un chamamento ante a seria escaseza de intérpretes de lingua francesa para os próximos 5 ou 10 anos.

Fonte: Boursier

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder