Mundo

Conclúe a primeira tradución da Biblia ao pokot

A sociedade bíblica de Kenia coordinou e dirixiu a primeira tradución da Biblia á lingua da poboación pokot, que habita nas chairas do noroeste de Kenya e en parte de Uganda.

Fonte: Catholic.net

A primeira ministra de Ucraína declara que este país terá só un idioma oficial, o ucraíno

A presidenta do Goberno de Ucraína, Yulia Timoshenko, dixo que insistirá en que a república teña só un idioma oficial, o ucraíno.

Fonte: RIA Novosti

Os ingas loitan pola súa lingua que manteñen case intacta grazas ao esforzo común

Esta comunidade indíxena de máis de 1.700 habitantes, que subsiste en medio da maraña selvática en Colombia, grazas ao esforzo común e a organización, mantén a súa lingua case intacta.

Fonte: El Tiempo

Asínase un convenio para a promoción do francés nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 en Vancouver

O conselleiro federal suízo Pascal Couchepin, Grand Témoin de la Francophonie (figura que ten como misión o respecto da regra 24 da Carta Olímpica que lle confire ao francés o estatuto de lingua oficial dos Xogos Olímpicos), e John Furlong, director xeral do comité de organización dos Xogos Olímpicos e Paraolímpicos de inverno de 2010 en Vancouver (COVAN), asinaron o 14 de agosto un convenio para a promoción da lingua francesa nesta cita deportiva.

Fonte: Le Courrier du Vietnam

Os gobernos de tres estados mexicanos traballan para que o maia sexa a segunda lingua oficial

Os gobernos dos estados mexicanos de Quintana Roo, Iucatán e Campeche presentarán un plan para promover o maia como segunda lingua no sistema educativo do sueste do país.

Fonte: Milenio

O kurdo podería impartirse nas escolas públicas turcas

O kurdo podería ser introducido nas escolas públicas como curso facultativo no marco das reformas se prevían polo Goberno turco en favor da súa comunidade kurda.

Fonte: Nouvelles d'Arménie

Un experto prevé a extinción de 25 linguas bolivianas

Das 34 linguas que actualmente se falan en Bolivia, 25 afrontan un proceso irreversible de extinción que desembocará na súa desaparición total nos próximos anos. “Antes de 2100 —segundo afirma o lingüista holandés Pieter Muysken— quedarán só nove”.

Fonte: La Prensa

Xa están dispoñibles en internet varios textos en linguas indíxenas de Costa Rica

O portal web do Sistema Nacional de Bibliotecas (Sinabi) continúa ampliando o seu catálogo virtual e xa ten a disposición dos cibernautas varios textos sobre linguas autóctonas indíxenas de Costa Rica.

Fonte: Nación

O Goberno de Canadá favorece a vitalidade das dúas linguas oficiais na provincia de Ile-du-Prince-Edouard

James Moore, ministro do Patrimonio Canadense e das Linguas Oficiais,anunciou a concesión de financiamento a 14 organismos da provincia de Ile-du-Prince-Edouard. Este financiamento está destinado a unha serie de proxectos que favorecen a vitalidade das dúas linguas oficiais de Canadá: o francés e o inglés.

Fonte: Marketwire

O presidente da Comisión Europea ve "difícil" que a UE acepte máis linguas oficiais

O presidente da Comisión Europea, o portugués José Manuel Durão Barroso, ve "difícil" que os 27 Estados membro da Unión Europea (UE) acepten a incorporación de novas linguas oficiais.

Fonte: Europa Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder