Mundo
Acusan a Easyjet de violar lei por non recibir reclamacións en lingua portuguesa

A Asociación para a Defensa do Consumidor (DECO) acusa a compañía aérea Easyjet de violar a Lei de defensa do consumidor de Portugal ao non admitir reclamacións en lingua portuguesa.
Fonte: EPA
A inspección lingüística de Estonia pretende desterrar a lingua rusa das administracións
O director da inspección lingüística de Estonia declarou que cómpre prohibirlles aos funcionarios conceder entrevistas en ruso, xa que representan o Estado estoniano e deben comunicarse co público na lingua oficial do país.
Fonte: RIA Novosti
O minderico renace grazas ao apoio da Volkswagen ás linguas ameazadas
A responsable da recuperación do minderico, sociolecto falado en Minde, no concello portugués de Alcanena, é a lingüista portuguesa Vera Ferreira que conta co apoio financeiro da Fundación Volkswagen.
Fonte: Público
Varias asociacións loitan por protexer o bilingüismo en Alsacia e Mosela
O tribunal administrativo de Estrasburgo recibiu dous recursos ante o incumprimento do bilingüismos francés-alemán en dous centros de ensino situados en Alsacia e Mosela.
Fonte: Actualitté
O Novo Partido Democrático de Quebec adopta unha resolución sobre o uso do francés no traballo
O Novo Partido Democrático adoptou unha resolución priorizando o emprego do francés nos centros de traballo de Quebec.
Fonte: Rock Détente
O francés será materia de primaria en Guinea Ecuatorial
O Ministerio de Educación de Guinea Ecuatorial anunciou a inclusión da materia de francés para o curso escolar 2009-2010 nos centros de ensinanza primaria do país.
Fonte: La Voz de Galicia
Piden a aprobación da Lei de linguas de Paraguai nun foro sobre política lingüística
A aprobación e normalización da Lei de linguas foi unha das peticións máis escoitadas no II Foro de Política Lingüística desenvolvido na Sala Bicameral do Congreso Nacional en Paraguai.
Fonte: Última Hora
China busca obter beneficios económicos co apoio a un idioma reprimido
China espera sacar proveito económico do apoio dado a un idioma que se fala en Taiwán e en moitas comunidades chinesas do sueste asiático, incluído Singapur, e que no pasado foi marxinado e reprimido. Trátase do hokkien, considerado un dialecto en China pero que non entenden os chineses que falan mandarín.
Fonte: Reuters
Ao final, o guaraní non é unha lingua oficial do Mercosur
Anunciárase que o guaraní sería unha das linguas oficiais do Mercosur, xunto co español e o portugués. Porén, os mandatarios dos países membros do bloque non rubricaron a resolución aprobada polo Parlasur (Parlamento do Mercosur), o pasado 28 de abril, que elevaría efectivamente o guaraní ao rango de idioma oficial do Mercosur.
Fonte: Última Hora
Unha universidade de Bruxelas proba os efectos positivos do ensino bilingüe
Os cerebros dos nenos bilingües deben realizar moitos menos esforzos para efectuar cálculos simples que os dos nenos que dominan unha soa lingua, segundo a Vrije Universiteit Brussel (Universidade Libre de Bruxelas).
Fonte: RTL Info
Boletín
Subscríbase ao boletín