Mundo

Mellora en Iucatán a percepción sobre a lingua maia entre os seus falantes

A lingua maia tivo unha mellora nos últimos dez anos derivada da perda de prexuízos e percepcións negativas que por moito tempo a rodearon. Na actualidade, as cifras oficiais retratan mellor a realidade deste idioma en Iucatán en relación a épocas anteriores porque en enquisas e censos oficiais os seus falantes si recoñecen a súa capacidade de falar esa lingua.

Fonte: SDP Noticias

A educación en gaélico recibe un apoio do Goberno escocés de 800.000 libras máis

O Goberno escocés está tomando medidas inmediatas para protexer o futuro da lingua gaélica. O ministro de Cultura, Mike Russell, e a secretaria de Educación, Fiona Hyslop, anunciaron que os funcionarios traballarán máis estreitamente coa organización de promoción da lingua Bòrd na Gàidhlig durante os próximos tres meses para identificar que accións se precisan para aumentar o número de falantes.

Fonte: The Press and Journal

Denuncian o monolingüismo dos embaixadores estranxeiros en Canadá

A Fundación de Lingua Francesa para a Innovación Social e Científica (FLFISETS), indignada porque certos embaixadores estranxeiros que teñen o seu posto en Canadá non poidan expresarse en francés, demanda que esta situación cambie nun prazo de seis meses.

Fonte: Canoë

Un grupo de lingüistas usa a tecnoloxía para salvar idiomas da súa extinción

Das seis mil linguas do mundo, dúas mil fálanse en África. Moitas non teñen forma escrita, algunhas aínda non contan con nome e outras probablemente desaparecerán. Por este motivo, un grupo de lingüistas está a traballar para salvar estas linguas en perigo de extinción, tarefa na actualidade máis doada grazas á utilización das novas tecnoloxías.

Fonte: Terra

O ensino do español en Brasil será obrigatorio a partir do ano 2010

O ensino do español en Brasil, que a partir do ano 2010 será de oferta obrigatoria nas escolas, gañará espazo tamén a través de internet, grazas ao convenio subscrito polo Instituto Cervantes e o Goberno brasileiro.

Fonte: Informador

Un escritor afirma que a falta de incentivos dificulta a produción de libros en linguas vernáculas en Angola

O escritor angolano Francisco Ngola opinou en Luanda que a falta de incentivos desanimou a escritores e editoriais a investir na publicación de libros escritos exclusivamente en linguas vernáculas, preferindo no seu lugar obras bilingües ou só en portugués.

Fonte: ANGOP

A lingua bearnesa encóntrase en pleno renacemento

O bearnés, como certo número de linguas rexionais de Francia, está en pleno renacemento. Dende hai varias décadas, varias asociacións loitan por poñer de relevo a cultura e a lingua bearnesa e este traballo comeza a dar os seus froitos.

Fonte: Novopress

O primeiro teléfono móbil para falantes de galés estará dispoñible a partir de setembro

Lanzouse o primeiro teléfono móbil para falantes de galés, con menús e texto preditivo nesta lingua. O Samsung S5600, que proporciona Orange, estará dispoñible a partir de setembro. Na festa nacional Eisteddfod tamén se deu a coñecer unha aplicación para iPhone destinada ás persoas que aprenden galés.

Fonte: BBC News

A elección do suahili como lingua da futura federación dos Estados Unidos de África conta con detractores

A elección do suahili como lingua da futura federación dos Estados Unidos de África non agrada a todo o mundo. Thierno Aliou Bâ, doutor en Ciencias da Educación e presidente de USE (Unión para a Solidariedade e a Axuda Mutua), estima que sería un precedente grave "preferir o suahili ao fulfulde".

Fonte: Le Quotidien

Unha cidade chinesa pídelles aos funcionarios que falen seis linguas

Unha cidade situada no suroeste de China pídelles aos seus funcionarios que aprendan cinco linguas estranxeiras co fin de estreitar lazos cos seus veciños do sueste asiático. Un xefe do Partido Comunista de Kunming, a capital da provincia de Yunnan que limita con Laos, Myanmar e Vietnam, anunciou o difícil requisito.

Fonte: Asia One News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder