Mundo
Un total de 27 linguas de Senegal está en risco de desaparecer
Entre as corenta linguas coas que se identifica a poboación senegalesa, 27 delas están en risco de desaparecer pola ausencia de medidas urxentes, segundo informa o Instituto Fundamental da África Negra (IFAN) de Dakar.
Fonte: Le Quotidien
O 61 % dos habitantes da illa de Reunión está a favor do ensino do crioulo na escola
Segundo revela unha sondaxe, a demanda social da práctica e o ensino do crioulo da illa de Reunión é forte. O 61 % das persoas entrevistadas está a favor ao comezo da entrevista e o 71 % móstrase favorable ao finalizar esta. No ano 2000 esta porcentaxe era do 47%.
Fonte: Témoignages
Cúmprense corenta anos da aprobación en Canadá da Lei sobre as linguas oficiais
Hai corenta anos o Parlamento canadense aprobaba a Lei sobre as linguas oficiais, lei que consagraba a igualdade de status do francés e do inglés non só no Parlamento e ante os tribunais, senón tamén na Administración federal por primeira vez na historia de Canadá.
Fonte: Cyberpresse
Moscova quere que a OSCE investigue o uso da lingua rusa en Ucraína
Moscova espera que o Alto Comisionado para as Minorías Nacionais da OSCE Knut Vollebaek investigue os asuntos relacionados co uso da lingua rusa en Ucraína, segundo afirmou un voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso.
Fonte: RIA Novosti
Delegacións de China e Taiwán reúnense para debater a unificación do idioma chinés
Máis de 500 delegados de China e Taiwán, incluídos representantes dos partidos no goberno, comezaron en Changsha (centro de China) un foro económico e cultural no que a unificación do idioma será un dos principais puntos da axenda.
Fonte: ADN
Os alumnos azorianos estudarán unha segunda lingua estranxeira a partir do quinto curso
Os alumnos azorianos pasarán a estudar unha segunda lingua estranxeira a partir do quinto curso do ano académico 2010-2011, segundo anunciou a secretaria rexional de Educación, que explicou que se trata dunha iniciativa pioneira a nivel nacional.
Fonte: Diário de Notícias
España e Portugal potenciarán o ensino do español e o portugués nas escolas
O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e a súa homóloga portuguesa, Maria de Lurdes Rodrigues, asinaron en Mérida un Memorando de Entendemento para potenciar en ambos os países a aprendizaxe do español e o portugués, ao que se sumou tamén Estremadura.
Fonte: La Vanguardia
Malta e España lanzan un programa de auxiliares de conversación
O Ministerio de Educación de Malta, xunto co seu homólogo español, lanzou un programa de auxiliares de conversación coa intención principal de reforzar o nivel oral de español dos estudantes malteses e tamén de proporcionarlles unha oportunidade aos licenciados de Malta en Lingua Española ou en Tradución e Interpretación para mellorar o seu nivel oral de español.
Fonte: The Malta Independent
O Parlamento do Reino Unido está a favor de transferir as decisións sobre a lingua galesa á Asemblea de Gales
Un informe publicado recentemente pola Comisión de Asuntos Galeses do Parlamento Británico revélase a favor de transferir as decisións relativas á lingua galesa á Asemblea de Gales en Cardiff.
Fonte: Eurolang
Algúns lingüistas están preocupados pola introdución de palabras inglesas no finlandés
Algúns lingüistas de Finlandia están preocupados pola introdución de palabras inglesas na lingua finlandesa. Temen que poida ofender os finlandeses que non dominan o inglés e crear desigualdades, especialmente nos servizos públicos.
Fonte: YLE
Boletín
Subscríbase ao boletín